"Anat" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 197.

  • Óxido de cinc que cristaliza no sistema hexagonal e que se presenta case sempre en agregados granates e en espato. Emprégase para a obtención de cinc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tira de tecido longa e estreita que se emprega para adornar, atar ou prender algo.

    2. Tira longa e estreita de diferentes materiais.

    3. Banda tinguida que en certas máquinas marca o relevo dos tipos enriba do papel por medio de presión.

    4. Dispositivo ríxido ou articulado en forma de tira que permite a unión dos cartuchos e facilita a alimentación de certas metralladoras.

    5. Película fotográfica ou cinematográfica.

    6. Tira de papel, pano ou plástico que contén, sobre unha cara, unha capa dunha substancia adhesiva non solidificada.

    7. Cinta magnética, de medidas normalizadas, para rexistrar imaxes e son.

    8. Cinta téxtil ou plástica impregnada dun adhesivo por unha das súas caras que se emprega para protexer as unións dos condutores eléctricos.

    9. Cinta empregada nos sistemas de gravación magnética de información que constitúe o soporte onde se fixa esta información.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ás rochas formadas pola unión de fragmentos doutras rochas preexistentes. OBS: Tamén se denominan rochas detríticas por estar unidas con cemento.

    2. Aplícase aos modelos anatómicos, ou outros, feitos de pezas desmontables co fin de que se poida ver a estrutura interior dos obxectos representados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de descomposición que ten lugar en piroxenos, anfíbolos, granates, biotitas e vesivianitas, nos que provoca a súa transformación en minerais da serie da clorita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de coartar.

    2. Obriga que tiñan antigamente os clérigos de ordenarse dentro dun certo termo, segundo as condicións do beneficio eclesiástico obtido.

      1. Diminución do diámetro dunha estrutura anatómica.

      2. Estenose da arteria aorta, case sempre por baixo do nacemento da arteria subclavia esquerda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Oco feito coas mans e os brazos á altura do peito, cando se está de pé, ou entre os xeonllos e a cintura, cando se está sentado, para poder soster algo.

    2. Parte do corpo que une a cabeza co tronco.

    3. Parte dalgunhas pezas de vestir que rodean o pescozo ou van próximas a el.

    4. Parte estreita de certos recipientes.

      1. Parte máis estreita dunha estrutura anatómica.

      2. Porción inferior e estreita do útero, comprendida entre o corpo e o orificio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Defecto anatómico conxénito que afecta a unha ou a diversas partes do globo ocular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Territorio ocupado e sometido, xunto coa súa poboación, por outro pobo ou estado, co fin de iniciar un proceso de explotación dos seus recursos.

      1. Conxunto de persoas que van dun territorio a outro para se establecer nel.

      2. Lugar onde se establece este conxunto de persoas.

    2. Conxunto de individuos que pertencen a unha mesma especie e que están anatomicamente unidos para formar unha individualidade de orde superior.

    3. Conxunto de animais da mesma especie que fan vida en común.

    4. Agrupación de bacterias que se orixina pola reprodución dunha bacteria illada nun medio de cultivo.

    5. Poboación vexetal situada pouco ou moi lonxe da área principal das especies que a compoñen.

    6. Conxunto de actividades formativas ao aire libre como complemento da actividade escolar.

    7. Conxunto de instalacións industriais separado dos núcleos de poboación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Eixe óseo do caracol, no órgano do oído.

    2. Eixe de certas estruturas anatómicas como as cunchas dos moluscos gasterópodos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Elemento arquitectónico de sección circular que cumpre a función de soportar as presións verticais e oblicuas da arquitrabe e do arco, composto de base, fuste e chapitel.

      2. Columna co fuste decorado con estrías verticais que poden estar unidas con filete ou non.

      3. Columna que ten o fuste formado por bloques almofadados ou cadrados.

      4. Columna co fuste formado por distintos aneis ou faixas de diferente diámetro e superpostos un tras outro.

      5. Columna sen función construtiva e que se erixe en lembranza ou conmemoración dun suceso ou dun persoeiro.

      6. Columna que non está pegada ou adherida a ningunha parte do edificio ou do muro.

      7. Columna pegada que introduce parte do seu fuste no muro, formando parte del. OBS: Tamén se denomina semicolumna.

      8. Columna co fuste de forma helicoidal.

    1. Feixe de cousas colocadas unhas enriba das outras.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO