clástico -ca
clástico -ca
gr κλαστός ‘crebado, fragmentado’
-
adx
[XEOL ]
Aplícase ás rochas formadas pola unión de fragmentos doutras rochas preexistentes. OBS: Tamén se denominan rochas detríticas por estar unidas con cemento.
-
adx
[ANAT ]
Aplícase aos modelos anatómicos, ou outros, feitos de pezas desmontables co fin de que se poida ver a estrutura interior dos obxectos representados.