colonia
lat colōnia ‘casarío, granxa’
-
s
f
[HIST/POLÍT ]
Territorio ocupado e sometido, xunto coa súa poboación, por outro pobo ou estado, co fin de iniciar un proceso de explotación dos seus recursos.
-
s
f
-
Conxunto de persoas que van dun territorio a outro para se establecer nel.
-
Lugar onde se establece este conxunto de persoas.
-
-
s
f
[ZOOL ]
Conxunto de individuos que pertencen a unha mesma especie e que están anatomicamente unidos para formar unha individualidade de orde superior.
-
s
f
[ZOOL ]
Conxunto de animais da mesma especie que fan vida en común.
-
s
f
[MICROB ]
Agrupación de bacterias que se orixina pola reprodución dunha bacteria illada nun medio de cultivo.
-
s
f
[BOT ]
Poboación vexetal situada pouco ou moi lonxe da área principal das especies que a compoñen.
-
colonia escolar
[EDUC ]
Conxunto de actividades formativas ao aire libre como complemento da actividade escolar.
-
colonia industrial
[HIST ]
Conxunto de instalacións industriais separado dos núcleos de poboación.
Citas
- Na costa mediterránea hai moitas colonias de veraneantes estranxeiros
- Na súa visita a Bos Aires o presidente recibiu os representantes da colonia galega nesa cidade