"presenta" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 4014.

  • Planta herbácea perenne, da familia das lamiáceas, que presenta rizoma estolonífero e talos pubescentes de follas ovadas, festonadas e verdes e flores púrpuras axilares. Cultívase como planta medicinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore, arbusto ou planta gabeadora do xénero Camellia, da familia das teáceas, que se cultiva para uso ornamental, e que presenta follas coriáceas, dispostas de xeito alterno, flores pentámeras de cor vermella e froitos leñosos e redondos. É orixinaria do S do Xapón.

    2. Flor da planta homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea anual, da familia das brasicáceas, que presenta follas lanceoladas, flores amarelas e froitos agrupados en acios densos, con sementes oleaxinosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mamífero artiodáctilo, do xénero Camelus, pertencente á familia dos camélidos, que presenta no dorso unha ou dúas xibas que constitúen reservas de graxa obtida en períodos de boa alimentación e que empregan como fonte de enerxía en períodos de xaxún ou de traballo excesivo.

      2. Mamífero da familia dos artiodáctilos, que presenta unha única xiba. Atópase nalgunhas rexións africanas. OBS: Tamén se denomina dromedario.

      3. Camelo que ten dúas xibas e é máis robusto ca o camelo común. Vive en Asia Central.

    1. Aparello usado para alzar os navíos co fin de diminuír o seu calado.

    2. Pequeno traficante de drogas que comercia directamente cos clientes.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. ehículo automóbil especialmente acondicionado para o transporte de carga.

      2. ehículo provisto dun guindastre para remolcar vehículos.

    1. Arte de pesca que representa a transición entre as artes de cerco e as de arrastre.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Instrumento idiófono de percusión, feito xeralmente de bronce e con forma de copa invertida que soa ao ser percutida por unha peza interior ou por un martelo exterior.

      2. Instrumento idiófono de percusión en forma de tubos ocos de metal.

      3. Pavillón dos instrumentos de vento.

      1. Obxectos que recordan pola súa forma a unha campá.

      2. Aparello metálico en forma de campá, utilizado en traballos submarinos.

      3. Aparato electrodoméstico provisto dun extractor que serve para aspirar os fumes dunha cociña.

      4. Aparato de laboratorio que dispón dun recipiente cilíndrico de cristal, que se utiliza nas máquinas pneumáticas para practicar o baleiro.

    1. Flor que presenta a corola formada por pétalos soldados en forma de vaso acampanado.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten forma de campá.

    2. Fenómeno asociado a uns tipos cerámicos incluídos na cultura do vaso campaniforme que se difundiu por Europa Occidental, Central e por varias illas do Mediterráneo e no litoral do N de África desde mediados do III milenio a C ata comezos do II milenio a C.

    3. Tipo de cerámica característico do Calcolítico que lembra pola súa forma unha campá invertida e que presenta unha diversa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore, da familia das cesalpináceas, que presenta follas paripinnadas e flores amarelas agrupadas en acios. Os troncos conteñen unha substancia colorante, a hematoxilina, de grande importancia en histoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Planta herbácea, da familia das poáceas, que presenta rizoma groso e duro e talos endurecidos e de cor verde.

      2. Planta, da familia das poáceas, perenne, que presenta rizoma groso e talos cheos dun tecido zumarento e doce. O seu cultivo constitúe a fonte principal para a obtención de azucre.

      3. Planta herbácea, da familia das cannáceas, con flores de cor variable, desde amarelo a vermello ou con pintas.

    1. Talo tubular e con nós propio das plantas da familia das poáceas.

      1. Obxecto alongado e cilíndrico que ten unha forma semellante á planta da cana.

      2. Utensilio de pesca constituído basicamente por unha vara cun extremo do que pende un fío ou unha liña provista no outro extremo dun ou de varios anzois.

    2. Parte do calzado alto, da media ou do calcetín, que cobre o tornecelo ou o papo da perna.

    3. Medula dos ósos.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea perenne, da familia das apiáceas, que presenta flores de pétalos amarelos dispostas en umbelas grandes e esferoidais. Resulta tóxica para o gando e provoca fotosensibilización nas ovellas.

    VER O DETALLE DO TERMO