camelo -la

camelo -la
Plural: camelos Masculino: camelo Masculino plural: camelos Feminino: camela Feminino plural: camelas
    1. s

      Mamífero artiodáctilo, do xénero Camelus, pertencente á familia dos camélidos, que presenta no dorso unha ou dúas xibas que constitúen reservas de graxa obtida en períodos de boa alimentación e que empregan como fonte de enerxía en períodos de xaxún ou de traballo excesivo.

    2. camelo árabe [Camellus dromedarius]

      Mamífero da familia dos artiodáctilos, que presenta unha única xiba. Atópase nalgunhas rexións africanas. OBS: Tamén se denomina dromedario.

    3. camelo bactriano [Camellus bractrianus]

      Camelo que ten dúas xibas e é máis robusto ca o camelo común. Vive en Asia Central.

  1. s m [MAR ]

    Aparello usado para alzar os navíos co fin de diminuír o seu calado.

  2. s  

    Pequeno traficante de drogas que comercia directamente cos clientes.