cana

cana

lat canna

Plural: canas
    1. s

      Planta herbácea, da familia das poáceas, que presenta rizoma groso e duro e talos endurecidos e de cor verde.

    2. cana de azucre [Saccharum officinarum]

      Planta, da familia das poáceas, perenne, que presenta rizoma groso e talos cheos dun tecido zumarento e doce. O seu cultivo constitúe a fonte principal para a obtención de azucre.

    3. cana da India [Canna indica]

      Planta herbácea, da familia das cannáceas, con flores de cor variable, desde amarelo a vermello ou con pintas.

  1. s f [BOT ]

    Talo tubular e con nós propio das plantas da familia das poáceas.

    1. s

      Obxecto alongado e cilíndrico que ten unha forma semellante á planta da cana.

    2. cana de pescar PESCA [PESCA ]

      Utensilio de pesca constituído basicamente por unha vara cun extremo do que pende un fío ou unha liña provista no outro extremo dun ou de varios anzois.

  2. s f

    Parte do calzado alto, da media ou do calcetín, que cobre o tornecelo ou o papo da perna.

  3. s f

    Medula dos ósos.

  4. s f
    1. aso estreito de forma tubular ou cilíndrica.

    2. Bebida que se serve nese vaso, especialmente cervexa e sidra.

  5. s f

    Póla cortada das árbores.

    1. s

      Parte da áncora comprendida entre a argola e a cruz.

    2. s

      Parte dun remo que está entre o guión e a pa.

    3. cana do temón

      Elemento feito en madeira ou metal, de forma delgada e alongada, que serve para facer xirar o temón.

    4. canas do moco

      Parella de cabos que, partindo do extremo inferior do moco, se insiren un a cada lado da roda de proa e serven para reforzalo.

  6. s f

    Doce preparado con masa de follado fritida que se enche con crema pasteleira.

  7. s f

    Augardente obtida por destilación da melaza do azucre de cana.

  8. s f [ARQUIT ]

    Parte central da columna entre o fuste e o capitel.

Sinónimos

Confrontacións

bambú

Citas

  • Merquei unha botas de media cana con sola de goma
  • Teñen moita leña de canas de piñeiro

Refráns

  • Anos e traballos poñen o pelo branco.

Palabras veciñas

can can can cana cana canabarro cánabo