"sim" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1214.

      1. Árbore, da familia das anacardiáceas, de follas alternas, simples e coriáceas, e de flores irregulares, propia de América Central e cultivada nos países cálidos polo seu froito (anacardio), e pola súa madeira.

      2. Pedúnculo carnoso e piriforme do froito do anacardio, zumarento, agridoce, recendente e comestible.

      1. Exsudado da casca do anacardo, que ten diversas aplicacións, como tintas, insecticidas, produtos farmacéuticos, vernices ou encadernacións.

      2. Líquido que se obtén da pel do froito do anacardo cuxos principais compoñentes son o ácido anacárdico (90%), un difenol e un produto vesicante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composición lírica de metro curto, polo xeral heptasílabo, de extensión breve en que o poeta canta con ton enxeñoso e irónico aos praceres da vida e dos sentidos cunha simboloxía literaria de orixe pastoral. Foi unha composición que empregaba o poeta grego Anacreonte de Teos e que acadou o seu máximo esplendor no Renacemento e no s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Repetición do mesmo termo ou grupo de termos ao comezo de dúas ou máis cláusulas sucesivas para reforzar o sentido ou darlle simetría.

    2. Parte central da misa, nas liturxias orientais, que se corresponde co limiar ou canon da liturxia romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proxección ortográfica do xiro celeste sobre o plano do meridiano que permite determinar a altura dun astro nun certo momento. Aplicado ao Sol permite determinar simultaneamente a declinación solar e a ecuación do tempo para cada día do ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exame das partes constituíntes dun todo, separadamente ou en relación a aquel.

    2. Estudo esmerado e coidadoso dun escrito, discurso, teoría ou calquera outro complexo discursivo.

    3. Descomposición dunha imaxe nunha serie de puntos mediante un analizador.

    4. Proceso de investigación que consiste tanto na redución dun composto nas súas partes simples, como na regresión, realizada mediante procesos de razoamento, dirixida aos fundamentos dunha proposición que se intenta probar ou na procura de estruturas subxacentes ao obxecto de estudo que se propón.

    5. Expresión de termos nunha ecuación de movemento que se realiza por medio de enerxías de cantidades non dimensionais.

    6. Determinación dos seres vivos contidos no solo que permite estimar a fertilidade do solo estudado.

    7. Análise da composición, das propiedades, do valor alimenticio, da conservación e do estado químico e sanitario dos produtos naturais ou artificiais destinados á alimentación humana ou animal.

    8. Análise de sangue, de ouriños ou doutros líquidos e produtos da secreción corporal.

    9. Eido das matemáticas destinado á resolución de problemas que consisten en escoller e colocar os elementos dos conxuntos, habitualmente finitos, de acordo cunhas certas leis ben establecidas. OBS: Tamén se denomina de teoría combinatoria.

    10. Análise non baseada en medidas precisas e supostos cuantitativos.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relación entre dúas ou máis cousas que teñen algo en común.

    2. Semellanza entre diferentes culturas baseadas nunha evolución converxente e independente.

    3. Semellanza funcional entre órganos de estrutura e de orixe filoxenética distintas.

    4. Método de aplicación da lei por medio da que unha norma que regula un caso determinado se fai extensiva a casos non previstos pero análogos ou semellantes con identidade de razón.

    5. Correlación entre cada un dos termos de dúas ou máis ordes.

    6. Similitude entre o número e a forma das ecuacións diferenciais de dous sistemas físicos.

    7. Proceso histórico que fai que certas palabras pasen dun paradigma a outro xeralmente máis regular.

    8. Transposición ao pasado da observación das culturas actuais co fin de comprender as relacións de comportamento que subxacen á produción do rexistro arqueolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos corpos cristalinos que non teñen eixe de simetría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten unha anchura considerable.

    2. Que presenta unha grande extensión.

    3. Que amosa satisfacción ou fachenda.

    4. anchura.

    5. Dimensión máis pequena das dúas que posúe unha figura plana calquera que forma ángulo recto coa máis grande ou longa.

    6. Capacidade de transmisión de datos de xeito simultáneo a través dunha conexión entre aparatos electrónicos.

    7. Distancia que existe entre as caras interiores das cabezas dos raís da vía.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ten órganos sexuais masculinos e femininos.

      2. De aparencia sexual de díficil determinación.

      1. monoico.

      2. Aplícase ás inflorescencias que conteñen flores masculinas e femininas, ou ás hifas de fungo que presenta anteridios e oogonios simultaneamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Pequeno círculo de ouro, prata ou outros metais que se leva no dedo como adorno.

      2. Aro pequeno que serve para soster algo.

    1. Peza de ferro cuadrangular, cun gonzo que serve para subir e baixar a punta do arado e facer que se afunda máis na terra.

    2. Cada un dos segmentos que compoñen o corpo dos anélidos e o esqueleto externo dos artrópodos.

      1. Moldura que rodea os fustes das columnas.

      2. Cornixa en que se apoia a cúpula.

    3. Aro que circunda o pé dalgunhas especies de fungos.

    4. Elemento básico do recheo dunha columna. A función dos aneis é proporcionar un recheo coas características desexadas de superficie específica, perda de carga e mollabilidade

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO