"Pin" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1044.

    1. Elemento metálico, que pertence ao grupo III da táboa periódica, de cor branca arxéntea, dúctil e moi maleable. Atópase sobre todo en forma de silicatos, de óxido e de fluoruro dobre de aluminio e de sodio, pero nunca en forma libre. As aplicacións do aluminio metálico e das súas aliaxes son moi importantes e variadas.

    2. Composto empregado na fabricación de lacas, como mordente de tinturas e para a ignifugación e impermeabilización de tecidos.

    3. Pasta formada por pos de aluminio e un disolvente, utilizada como pigmento na fabricación de pinturas. Dispérsase mellor ca o aluminio en po, forma películas con máis facilidade, cun manexo máis sinxelo e un menor risco de incendio.

    4. Pos de aluminio de cor gris brillante e de forma laminar. Empréganse en aluminotermia, para os flashes fotográficos, na fabricación de aceiro, de explosivos e como pigmento para pinturas metálicas.

    5. Designación xenérica das aliaxes a base de cobre e aluminio de gran resistencia mecánica. Emprégase no revestimento de iates e na industria química.

    6. Cloruro anhidro moi empregado como catalizador na industria do petróleo.

    7. Composto empregado para espesar lubricantes na industria de pinturas e para a impermeabilización de tecidos.

    8. Sólido empregado como mordente nas tinturas pola súa capacidade de absorber un colorante cando precipita dunha solución que contén ese colorante.

    9. Lámina de aluminio obtida mediante sucesivas laminacións dunha cinta ou prancha de aluminio puro.

    10. Grupo de compostos que comprende o caolín, as arxilas e os alúminosilicatos.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de amable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao viño de amandi.

    2. iño propio da Ribeira Sacra luguesa, integrada polas parroquias de Doade, Amandi, Lobios, Pinol e Santiorxo, no concello de Sober, que se caracteriza por ter unha graduación alcohólica que oscila entre os 10 e os 13 graos, e unha acidez de 5 a 6 de media; que se distingue polo seu padal e bo gusto, así como pola frescura e suavidade, aínda que o tinto é un pouco máis áspero ca o branco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é da cor do ouro ou semellante.

    2. Aplícase a unha persoa á que lle falta a cor.

    3. Unha das cores que se distinguen no espectro solar, entre o laranxa e mais o verde. As lonxitudes de onda da luz amarela están comprendidas entre 5.700 e 5.970 Å.

      1. Materia colorante amarela.

      2. Colorante básico amarelo derivado da acridina que se empregou en medicina como bactericida.

      3. Pigmento de cor entre verdosa e laranxa, obtido por tratamento dunha solución de sulfato ou cloruro de cadmio con sulfuro alcalino ou sulfuro de hidróxeno.

      4. Pigmento obtido por combinación do cloruro de chumbo con óxido do mesmo metal.

      5. Pigmento formado por hexanitrocobaltato (III) de potasio, moi resistente á luz e que se escurece mesturado coas lacas. Emprégase na técnica de acuarela.

      6. Pigmento formado por antimoniato de chumbo que contén óxidos de cinc e bismuto, e que foi moi empregado en pintura artística.

      7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se pode interpretar de diversas maneiras e xerar confusións.

    2. Que non di claramente as súas opinións e ten unha actitude escura.

    3. Xénero atribuído pola gramática tradicional aos nomes de cousa, que se poden usar indistintamente en masculino ou feminino.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Afección profunda por unha persoa.

      2. Adhesión intensa e desinteresada a unha cousa, a uns principios ou a mandatos semellantes.

    1. Obxecto de amor, persoa estimada.

    2. Inclinación ou afección profunda por unha persoa baseada na atracción sexual, pero que a miúdo produce outros sentimentos.

    3. Expresión coa que se designa a concepción amorosa dominante na literatura medieval e que arranca coa primeira tradición lírica que se expresa en lingua vulgar, a poesía provenzal.

    4. Amor que exclúe conscientemente a relación sexual.

    5. Estima que ten alguén por si mesmo e o que leva a non deixar que ninguén se exceda con el.

      1. Cortexar ou facer as beiras para obter o amor e os favores dunha persoa.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terra amarela de Venecia que se emprega como pintura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave da familia dos hirundínidos que pertencen aos xéneros Delichon, Hirundo, Ptyonoprogne e Riparia. Caracterízanse por ter ás estreitas, patas e peteiro curtos e cola gallada. Aliméntanse durante o voo de insectos e arácnidos. Son, na súa maioría, aves gregarias migratorias de orixe africana.

    2. Ave da familia dos hirundínidos, coa parte superior negra azulada metálica; a inferior é branca, agás un colar negro, e a testa e a gorxa son rubias. Ten as patas e o peteiro negros, e a cola longa e negra, con pequenas pintas brancas, e as rectrices externas son moi longas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pintor ou escultor especializado na representación de animais.

    VER O DETALLE DO TERMO