amarelo -la

amarelo -la
Plural: amarelos Masculino: amarelo Masculino plural: amarelos Feminino: amarela Feminino plural: amarelas
  1. adx

    Que é da cor do ouro ou semellante.

  2. adx

    Aplícase a unha persoa á que lle falta a cor.

  3. s m [FÍS ]

    Unha das cores que se distinguen no espectro solar, entre o laranxa e mais o verde. As lonxitudes de onda da luz amarela están comprendidas entre 5.700 e 5.970 Å.

    1. s

      Materia colorante amarela.

    2. amarelo de acridina

      Colorante básico amarelo derivado da acridina que se empregou en medicina como bactericida.

    3. amarelo de cadmio

      Pigmento de cor entre verdosa e laranxa, obtido por tratamento dunha solución de sulfato ou cloruro de cadmio con sulfuro alcalino ou sulfuro de hidróxeno.

    4. amarelo de Cassel

      Pigmento obtido por combinación do cloruro de chumbo con óxido do mesmo metal.

    5. amarelo de cobalto

      Pigmento formado por hexanitrocobaltato (III) de potasio, moi resistente á luz e que se escurece mesturado coas lacas. Emprégase na técnica de acuarela.

    6. amarelo de Nápoles

      Pigmento formado por antimoniato de chumbo que contén óxidos de cinc e bismuto, e que foi moi empregado en pintura artística.

    7. amarelo de París/de cromo

      Pigmento formado por cromato de chumbo que se emprega en pintura e na estampaxe de tecidos de algodón.

  4. raza amarela

    Raza humana oriunda de Asia principalmente, que se caracteriza por ter a pel amarelada.