"Long" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1444.

    1. Facer máis longo algo no espazo ou no tempo engadíndolle algunha cousa.

    2. Aumentar a distancia con respecto a un punto determinado.Tm v pron.

    3. Prolongarse algo máis do previsto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero artiodáctilo, da familia dos camélidos, moi semellante á llama, pero máis pequena e de la máis longa.

    2. Fibra téxtil que procede da alpaca e se caracteriza pola súa gran lonxitude, o seu brillo e a súa cor canela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos Alpes ou ás montañas elevadas.

      1. Relativo ou pertencente ao grupo humano alpino ou aos individuos que o compoñen.

      2. Individuo do grupo humano alpino.

      3. Grupo humano leucodermo, do subgrupo braquicéfalo, que se localiza en Europa Central e Francia.

    2. Relativo ou pertencente ao piso alpino.

    3. Conxuntos montañosos erguidos durante o ciclo oroxénico alpino.

    4. Ciclo oroxénico que abrangue os movementos oroxénicos producidos ao longo dos últimos 225 millóns de anos da historia da Terra, durante as eras Secundaria e Terciaria.

    5. Estilo tectónico baseado nun manto de corremento, encabalgamentos e dobramentos.

    6. Piso propio das altas montañas caracterizado polo predominio dos prados e a ausencia de árbores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea anual, da familia das poáceas, cuxas sementes son moi utilizadas como alimento para aves.

    2. Planta herbácea vivaz, da familia das poáceas, cunha inflorescencia longa e pouco compacta.

    3. Planta herbácea anual, da familia das poáceas, cunha inflorescencia oblonga e compacta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mestura de hidrocarburos saturados ramificados obtidos nunha operación de alquilación.

    2. Nome xenérico dos produtos de alquilación do benceno ou dos seus homólogos con olefinas de cadea longa ou con alcanos normais clorados, que se empregan na fabricación de deterxentes sintéticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina e estudo empírico e experimental dos feitos químicos durante a Antigüidade e a Idade Media, cuxos principais obxectivos foron a procura da pedra filosofal, supostamente capaz de converter os metais baixos en prata e ouro, e do elixir da longa vida, panacea universal capaz de alongar a vida indefinidamente. Na alquimia coexistiron sempre os aspectos experimental, filosófico, esotérico e místico, que foi a miúdo dominante. Pese a todo, as súas importantes descubertas formaron a indispensable base empírica sobre a que se edificou a química moderna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gran rede de arrastre rectangular, duns cen metros de longo e dez de alto, de malla de cincuenta milímetros, que leva por riba uns cortizos e pola parte inferior pandulleiras para que se manteña vertical. As cabezas rematan en dúas cordas ou tiros, unha de 450 m de longo e outra de 40 m, que tamén levan cortizos para poder tirar mellor delas. Lárgase durante o día dende unha barca, que deixa o tiro curto amarrado en terra mentres vai deitando a rede en forma de arco ata chegar de novo á beira, onde cinco homes tiran dela para coller o peixe. Emprégase no Baixo Miño para a pesca da zamborca e do salmón.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Elemento que serve para alzar ou facer máis alta unha cousa.

      2. Anaco de sola para que o calzado resulte máis alto.

    1. Cuña que se pon xunto á teiroa e sobre o temón, empregada para tentear a abertura do arado.

      1. Regreta graduada das armas de fogo portátiles para precisar a puntaría na dirección e darlle á arma o ángulo de tiro para conseguir o alcance necesario.

      2. Telescopio paralelo ao canón dunha arma que precisa de puntaría a máis longa distancia ca os aparatos normais.

    2. Aumento do prezo dun ben económico.

    3. Peza que vai colocada debaixo da cheda do carro.

    4. Folla que se pon sobre o tímpano da prensa tipográfica nos lugares onde se quere reforzar a presión para alzar o tipo.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao canto en que os personaxes recitan ou falan alternativamente con estrofas da mesma extensión.

    2. Aplícase ao pé da poesía clásica que consta, sucesivamente, de dúas sílabas longas, dúas breves e unha longa. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Molusco bivalvo do xénero Venerupis que presenta valvas sólidas, ovadas ou alongadas e con liñas concéntricas na superficie.

    2. Molusco bivalvo da familia dos venéridos, de liñas concéntricas máis marcadas ca as radiais e con debuxos en zigzag máis escuros.

    3. bicuda.

    4. cornecha.

    5. carneiro.

    6. cadela.

    7. Molusco bivalvo, da familia dos venéridos de valvas ovadas, sólidas, con liñas radiais e concéntricas que forman unha cuadrícula.

    8. ameixón.

    9. coquina.

    10. Molusco bivalvo da familia dos venéridos, con liñas concéntricas pouco marcadas e de coloración amarronada ou avermellada.

    VER O DETALLE DO TERMO