alquilado

alquilado

alquilo

Plural: alquilados
  1. s m [QUÍM/IND ]

    Mestura de hidrocarburos saturados ramificados obtidos nunha operación de alquilación.

  2. alquilado deterxente [QUÍM ]

    Nome xenérico dos produtos de alquilación do benceno ou dos seus homólogos con olefinas de cadea longa ou con alcanos normais clorados, que se empregan na fabricación de deterxentes sintéticos.