ameixa

ameixa

lat myscea

Plural: ameixas
  1. s f [ANIMAL ]

    Molusco bivalvo do xénero Venerupis que presenta valvas sólidas, ovadas ou alongadas e con liñas concéntricas na superficie.

  2. [ANIMAL ]

    Molusco bivalvo da familia dos venéridos, de liñas concéntricas máis marcadas ca as radiais e con debuxos en zigzag máis escuros.

  3. ameixa bicuda [ANIMAL ]

    bicuda.

  4. ameixa branca [ANIMAL ]

    cornecha.

  5. ameixa brava [ANIMAL ]

    carneiro.

  6. ameixa de can [ANIMAL ]

    cadela.

  7. ameixa fina [ANIMAL ]

    Molusco bivalvo, da familia dos venéridos de valvas ovadas, sólidas, con liñas radiais e concéntricas que forman unha cuadrícula.

  8. [ANIMAL ]

    ameixón.

  9. [ANIMAL ]

    coquina.

  10. [ANIMAL ]

    Molusco bivalvo da familia dos venéridos, con liñas concéntricas pouco marcadas e de coloración amarronada ou avermellada.

Sinónimos

Palabras veciñas

ameigar ameiose ameixa ameixa ameixal ameixeira ameixoa