"Als" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 186.

  • Salsa ou adobo que se emprega para acompañar as carnes asadas na grella.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Información, verdadeira ou falsa, que se divulga para prexudicar a alguén ou para tratar de pór a mal unha persoa con outra.

    2. Calquera obxecto do que non se coñece o nome ou non se lembra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que só é válido ou realizable baixo certas condicións ou circunstancias.

    2. pospretérito.

    3. Que expresa unha condición ou suposición.

    4. Aplícase á conectiva binaria se... entón. O seu emprego réxese pola regra: un condicional só é falso se o seu antecedente é verdadeiro e o seu conseguinte é falso; en todos os demais casos é verdadeiro. Adoita simbolizarse mediante o signo D..

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Narración, xeralmente breve, dun feito ou dunha serie de feitos reais, lendarios ou ficticios, coa intención de entreter, divertir ou moralizar.

      1. Relato dun suceso falso ou de pura invención que se conta como se fose certo, normalmente co fin de prexudicar a alguén.

      2. Explicación falsa ou con demasiados rodeos que se dá cando se quere encubrir algo.

    2. Asunto principal da cuestión que se está a tratar.

    3. Falsa aparencia con que unha persoa tenta que unha cousa ou ela mesma aparente máis do que é.

    4. Obxecto do que non se coñece o nome ou non se lembra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de contrario.

    2. Aquilo que se opón ás intencións de alguén ou á realización dalgunha cousa.

    3. Desgusto de pouca importancia a causa dalgunha circunstancia contraria a algún interese.

    4. Enunciado que establece a imposibilidade de que dúas proposicións contrarias sexan verdadeiras, pero si que poden ser falsas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de conxunguir ou conxunguirse.

      1. Palabra gramatical, invariable morfoloxicamente, que actúa como relacionante ou nexo entre dúas oracións ou ben entre dúas palabras ou frases que desempeñan a mesma función dentro da oración en que se integran.

      2. Conxunción que indica contrariedade ou oposición entre os elementos que une.

      3. Conxunción que introduce a causa de por que se produciu un determinado efecto.

      4. Conxunción que introduce o segundo termo dunha comparación.

      5. Conxunción que introduce a  oración en función de suxeito, complemento directo ou atributo.

      6. Conxunción que introduce a idea de obxección ou dificultade que non impide a realización dunha acción.  

      7. Conxunción que introduce a oración que indica a condición necesaria para que se realice algo.

      8. Conxunción que introduce elementos equivalentes.

      9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composición breve que serve de letra a unha cantiga popular ou outra que a remeda. Corresponde a unha combinación de catro versos octosílabos, con rima asonante nos versos pares e sen rima nos impares.

    2. Composición de oito versos octosílabos distribuídos en dúas semiestrofas de catro versos, con catro rimas consonantes diferentes cruzadas ou abrazadas. Procede, posiblemente, da lírica galego-portuguesa.

    3. Estrofa de rima consonante que na Idade Media substituíu á caderna vía e que posteriormente foi relegada polo auxe dos hendecasílabos, da oitava real e do soneto. Consta de oito versos de arte maior, polo común dodecasílabos, con dúas ou tres rimas consonantes diferentes, cruzadas ou abrazadas e organizadas de catro en catro. Os versos cuarto e quinto adoitan rimar entre eles. Algúns teóricos afirman que a súa orixe está na poesía medieval galego-portuguesa. Empregouse con asiduidade na lírica culta castelá do s XV.

    4. Estrofa formada, polo común, por oito versos octosílabos, con tres rimas consonantes diferentes cruzadas ou abrazadas. Foi habitual na poesía popular ata a segunda metade do s XV.

    5. Estrofa que consta de seis versos, catro octosílabos e dous pés crebados tetrasílabos, isto é, que se organiza en dous tercetos octosílabos simétricos rematados cada un deles nun cuarto verso tetrasílabo. Ten rima consonante. OBS: Tamén se denomina dobre sextilla, copla manriqueña ou copla de Jorge Manrique.

    6. Molde métrico que pode ter de sete a doce octosílabos e un número variable de rimas, con ou sen enlace entre as dúas semiestrofas. Procede da poesía occitana medieval e seguiu empregándose ata o Século de Ouro español.

    7. Estrofa de dez versos octosílabos consonantes distribuídos en dúas semiestrofas de cinco versos con rimas diferentes, proliferou nos cancioneiros casteláns dos ss XV e XVI. OBS: Tamén se denomina décima falsa, estancia real ou quintilla dobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ir dun lugar a outro movendo as pernas con rapidez.

      2. Participar nunha carreira.

    1. Desprazarse a gran velocidade, especialmente un vehículo ou a persoa que o conduce.

    2. Facer ou querer facer algo antes do debido ou con máis apuro do que é conveniente.

    3. Apresurarse a facer algo de forma inmediata.

    4. Actuar de présa en calquera actividade.

      1. Moverse as cousas.

      2. Moverse un líquido nun sentido constante seguindo o seu curso.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Danza que se executaba xeralmente ao final dos bailes de sociedade, con acompañamento de valses e mazurcas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Factor b da ecuación de estado dos gases de Van der Waals que define o volume real que unha molécula de gas inhabilita para ser ocupada por calquera outra.

    VER O DETALLE DO TERMO