"Conti" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 779.

    1. Relativo ou pertencente á larinxe.

    2. Aplícase ao fonema indoeuropeo continuo de identidade fonolóxica pouco coñecida e de articulación posterior, que podía vocalizarse ou funcionar como consoante. Tm s f.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide tóxico sintetizable contido en pequena cantidade no opio e que a doses altas produce cambras de tipo tetánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao ácido graxo contido como glicérido no leite, no esperma de balea e en diversos aceites vexetais, como o de palma ou o de coco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Atadura cun nó corredío que se fai cunha corda ou cunha cinta e que se pode desfacer con facilidade ao tirar dun dos cabos.

    2. Atadura que se fai cunha fita ou cun cordón como adorno para suxeitar unha cousa con outra.

    3. Fita que se utiliza para facer lazadas ou adornos.

    4. Corda cun nó corredío que se utiliza para cazar animais.

    5. Rede ou malla para cazar coellos.

    6. Relación ou nexo entre persoas ou cousas.

    7. Cada unha das cordas representativas dunha pasada que se tecen no aparello de ler os debuxos jacquard para pasalos a debuxos de cartón.

    8. Debuxo que nunha lazaría se repite sen solución de continuidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto eutéctico de ferro e carburo de ferro, cun contido de 9,3% en peso de C, que se forma por debaixo de 1.130°C, a presión normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dinámica que indica que a execución dunha liña melódica ou dunha frase musical ten que ser continua na partitura. Indícase cunha liña cóncava ou convexa chamada ligadura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Norma xurídica de carácter xeral e obrigatorio, ditada polos órganos estatais ou autonómicos aos que a Constitución e os Estatutos de Autonomía atribúen o poder lexislativo.

    2. Denominación que se adoita dar á lei procesual e á lei penal, en tanto que regulan a actividade procedemental desenvolvida polos organismos xurisdicionais e castigan as condutas punibles segundo a lei penal.

    3. Lei aprobada pola asemblea lexislativa que ten por finalidade delegar noutro órgano a formación de textos articulados, delimitando con precisión o obxecto e o alcance da delegación.

    4. Facultade que o ordenamento xurídico outorga aos contratantes de regular, ao seu arbitrio, o contido do contrato en todas aquelas materias en que predomina o principio de autonomía privada. Os pactos ou as cláusulas contractuais que se derivan teñen forza de lei entre as partes contratantes se non son contrarias ás leis, á moral e á orde pública.

    5. Lei que define e regula a actividade, a organización e as institucións políticas dun estado.

    6. Disposición de carácter punitivo ditada pola autoridade militar en situacións como as de estado de guerra ou similares.

    7. Lei para regular o desenvolvemento dos dereitos fundamentais e liberdades públicas, a aprobación dos estatutos de autonomía, do réxime electoral xeral e outras materias explicitamente establecidas na Constitución de 1978. A súa aprobación, modificación e derrogación esixe o voto favorable da maioría absoluta dos membros do Congreso dos Deputados.

    8. Norma xurídica que se refire exclusivamente a unha certa categoría de persoas, cousas ou relacións xurídicas ou que rexe unicamente en lugares determinados.

    9. Lei ou conxunto de normas ditadas polo poder lexislativo competente para regular as necesidades xurídicas da comunidade.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Líquido segregado polas glándulas mamarias das femias dos mamíferos, despois do parto, para alimentar ao neonato. É un líquido opalino, branco ou un pouco amarelo, de olor característico, lixeiramente doce e cunha composición variable. Os principais elementos minerais que contén son calcio, potasio, fósforo e cloruros, pero é deficitaria en ferro. O contido de vitaminas é moi completo, pero perde facilmente a vitamina C.

      1. Substancia alimenticia líquida que ten unha cor e unhas propiedades que lembran ás do leite, que se emprega como bebida.

      2. Bebida que se obtén triturando améndoas en auga e azucre.

      3. Líquido doce e refrescante que se extrae da parte central dos cocos.

      4. Emulsión obtida da soia remollada e rebrandecida, moi nutritiva que pode substituír ao leite de vaca.

      5. Emulsión que resulta de picar e expremer sementes vexetais e auga.

      1. Líquidos de aspecto semellante ao do leite.

      2. Látex que se extrae das plantas.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Moble para durmir.

      2. Calquera lugar sobre o que se dorme.

    1. Base sobre a que se coloca algo.

      1. Fondo do mar, dun río ou dun lago.

      2. Espazo do río polo que discorren as augas.

      1. Capa de materiais dos cimentos dunha construción que se dispoñen a maior profundidade.

      2. Cara dun perpiaño ou ladrillo sobre a que se sitúa a fileira superior.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • aso grego de colo longo, aparecido no s VII a C dentro do estilo protocorintio. No s IV a C alongouse o colo e decoráronse con figuras negras sobre fondo branco ou só perfiladas e con escenas funerarias. Contiñan aceite e pomadas.

    VER O DETALLE DO TERMO