lei

lei

lat lex, legis

Plural: leis
    1. s

      Norma xurídica de carácter xeral e obrigatorio, ditada polos órganos estatais ou autonómicos aos que a Constitución e os Estatutos de Autonomía atribúen o poder lexislativo.

    2. lei adxectiva

      Denominación que se adoita dar á lei procesual e á lei penal, en tanto que regulan a actividade procedemental desenvolvida polos organismos xurisdicionais e castigan as condutas punibles segundo a lei penal.

    3. lei de bases

      Lei aprobada pola asemblea lexislativa que ten por finalidade delegar noutro órgano a formación de textos articulados, delimitando con precisión o obxecto e o alcance da delegación.

    4. lei de contrato

      Facultade que o ordenamento xurídico outorga aos contratantes de regular, ao seu arbitrio, o contido do contrato en todas aquelas materias en que predomina o principio de autonomía privada. Os pactos ou as cláusulas contractuais que se derivan teñen forza de lei entre as partes contratantes se non son contrarias ás leis, á moral e á orde pública.

    5. lei fundamental

      Lei que define e regula a actividade, a organización e as institucións políticas dun estado.

    6. lei marcial

      Disposición de carácter punitivo ditada pola autoridade militar en situacións como as de estado de guerra ou similares.

    7. lei orgánica

      Lei para regular o desenvolvemento dos dereitos fundamentais e liberdades públicas, a aprobación dos estatutos de autonomía, do réxime electoral xeral e outras materias explicitamente establecidas na Constitución de 1978. A súa aprobación, modificación e derrogación esixe o voto favorable da maioría absoluta dos membros do Congreso dos Deputados.

    8. lei particular

      Norma xurídica que se refire exclusivamente a unha certa categoría de persoas, cousas ou relacións xurídicas ou que rexe unicamente en lugares determinados.

    9. lei positiva

      Lei ou conxunto de normas ditadas polo poder lexislativo competente para regular as necesidades xurídicas da comunidade.

    10. lei recompilada

      Disposicións recollidas sistematicamente das diferentes lexislacións estatais.

    11. lei substantiva

      Denominación que se adoita dar ás leis civís non procesuais.

    1. s

      Norma ou conxunto de normas que regulan a conduta dos homes e que se establecen a partir dunha forza ou autoridade válida para todo o mundo na medida en que acepta ou fai aceptar.

    2. lei divina [RELIX ]

      Lei que invoca a Deus como autor ou fundamento.

    3. lei moral [FILOS/RELIX ]

      Lei que emana da conciencia e obriga a facer o ben e a evitar o mal.

    4. lei natural / [DER/FILOS/RELIX ]

      Lei que invoca unha orde racional, de valor para todo o mundo, segundo a cal deben configurarse tanto o comportamento do individuo como as relacións sociais dentro da comunidade humana.

    5. lei nova/de graza/evanxélica [RELIX ]

      Economía da salvación instaurada e cumprida en Xesús Cristo, en contraposición á orde salvadora do Antigo Testamento. Aplícase a expresión ao conxunto de normas ideais promulgadas no sermón da montaña.

    1. s

      Regra universal á que están suxeitos os fenómenos da natureza.

    2. s [FÍS ]

      Enunciado do comportamento dun fenómeno natural, obtido por indución, despois de ter analizado un número finito de experiencias análogas e expresado mediante unha relación matemática.

    3. s [LING ]

      Formulación dun feito que ten lugar regularmente na produción dun fenómeno lingüístico calquera.

    4. s [LING ]

      Cada unha das leis establecidas a partir da repetición dun fenómeno que ten lugar nunha articulación, nunha zona e un tempo determinados.

    5. s [MAT ]

      Regra, fórmula ou relación que se cumpre cos valores dunha variable ou os termos dunha serie.

    6. lei de probabilidade [MAT ]

      Lei que dá o valor da probabilidade dun determinado acontecemento, expresada xeralmente mediante a función de distribución.

  1. s f
    1. Regra, norma ou costume establecidos.

    2. Calidade, peso, medida que debe ter un xénero segundo a lei.

    3. [NUMIS/ARTE ]

      Proporción de metal precioso, ouro ou prata, que contén unha moeda, unha xoia ou unha peza.

  2. libro da lei [RELIX ]

    Nome dado ao Pentateuco como expresión típica da economía de salvación do Antigo Testamento, atribuída ao propio Moisés.

  3. lei económica [ECON ]

    Explicación das relacións que determinan un fenómeno económico, establecida como verdadeira e susceptible de ser contrastada pola realidade.

  4. lei seca [HIST/DER ]

    Lei ditada en 1919 en EEUU, que prohibía a circulación e o consumo de bebidas alcohólicas no territorio da unión. Foi derrogada en 1933 pero nalgúns estados mantense aínda que parcialmente modificada.

Refráns

  • A lei nace do pecado e a lei quere castigalo.
  • Feita a lei, feita a trampa.
  • Quen fixo a lei, fixo a trampa.