leite
lat lacte
-
s
m
Líquido segregado polas glándulas mamarias das femias dos mamíferos, despois do parto, para alimentar ao neonato. É un líquido opalino, branco ou un pouco amarelo, de olor característico, lixeiramente doce e cunha composición variable. Os principais elementos minerais que contén son calcio, potasio, fósforo e cloruros, pero é deficitaria en ferro. O contido de vitaminas é moi completo, pero perde facilmente a vitamina C.
-
-
s
Substancia alimenticia líquida que ten unha cor e unhas propiedades que lembran ás do leite, que se emprega como bebida.
-
leite de améndoas
Bebida que se obtén triturando améndoas en auga e azucre.
-
leite de coco
Líquido doce e refrescante que se extrae da parte central dos cocos.
-
leite de soia
Emulsión obtida da soia remollada e rebrandecida, moi nutritiva que pode substituír ao leite de vaca.
-
leite vexetal
Emulsión que resulta de picar e expremer sementes vexetais e auga.
-
s
-
-
s
Líquidos de aspecto semellante ao do leite.
-
s
[BOT ]
Látex que se extrae das plantas.
-
s
Líquido seminal.
-
s
Emulsión cosmética, máis ou menos fluída e perfumada, que se emprega para desmaquillar a pel.
-
leite uterino
[ZOOL ]
Secreción producida polas pilosidades glandulares do oviduto dalgúns condrictios vivíparos e que nutre ao embrión.
-
s
-
leite cortado
Leite que acedou por culpa da calor.
-
leite de galiña
[PLANTA ]
Planta herbácea bulbosa, da familia das liliáceas, de follas estreitas cunha tira branca, e de flores brancas por dentro e verdes por fóra, agrupadas en corimbo umbeliforme.
Frases feitas
-
De leite. Neno que a
-
De leite. Neno que a
-
Medrar coma o leite quente. Medrar moito e
-
Medrar coma o leite quente. Medrar moito e
-
Ser branco coma o leite. Ser moi branco algo ou algu
-
Ser branco coma o leite. Ser moi branco algo ou algu
Refráns
- Leite de cabra e leite de burra danse camiño da sepultura.
- O leite sen pan ata a porta vaL
- ¡Veñas noramala! -díxolle o leite á auga.