"PL" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 9237.

    1. Parte das matemáticas que estuda as estruturas alxébricas dos conxuntos. O seu concepto fundamental é o de estrutura alxébrica. Baséase nas propiedades asociativa e conmutativa das operacións de suma e multiplicación, no elemento neutro e simétrico desas operacións e na propiedade distributiva da multiplicación.

    2. Aplicación dos métodos da álxebra á teoría dos conxuntos e á lóxica.

    3. Aplicación dos métodos alxébricos ás relacións lóxicas.

    4. Teoría alxébrica que se ocupa das operacións entre matrices.

    5. Toda ecuación polinómica de grao n > 0 con coeficientes complexos que ten polo menos unha raíz complexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cisterna, depósito amplo e de pouca profundidade, tallado na rocha ou feito de obra, revestido por dentro de pedras e cuberto dunha bóveda, que serve para recoller a auga da chuvia.

    2. Construcción para o almacenamento de auga. Da época castrexa consérvanse restos do alxibe do Castro de Elviña.

    3. Embarcación destinada ao transporte de auga.

    4. Barco destinado ao transporte de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Substancia mucilaxinosa, constituída por ácido alxínico ou alxinatos impuros, extraída de algas mariñas pardas. A alxina é un coloide hidrofílico moi empregado coma espesante, emulsionante, estabilizante, humectante e axente de suspensión. Aplícase na fabricación de fibras, aprestos e pezas téxtiles, no tratamento de augas de caldeiras e de fangos de perforación, na emulsión de aceites minerais e coma aglomerante e adhesivo.

    2. Fibra ou fío formado por un alxinato metálico insoluble. Os fíos de alxina empréganse sobre todo como soporte para tecer fíos de la moi finos, que doutro xeito non se poderían obter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sal ou éster do ácido alxínico. Os alxinatos máis importantes son os de sodio, potasio, amonio e calcio, que se empregan en aplicacións onde a pureza da alxina é insuficiente: industria alimentaria, farmacéutica e cosmética.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. alzar.

    2. Que se subleva ou rebela.

    3. Que sobresae dunha superficie.

    4. Que está elevado a un nivel superior.

    5. Deseño da fachada dun edificio, da súa proxección xeométrica ou vertical.

    6. Prezo que se fixa nunha cantidade determinada por adiantado.

    7. Acción de xuntar, pola orde de sinaturas, os cadernos e os pregos dunha obra impresa, co gallo de formar os seus exemplares e realizar a encadernación.

    8. Proxección ortogonal dunha figura ou corpo sobre o plano vertical dun sistema de dous planos, onde o outro é horizontal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. amar.

    2. Aplícase á persoa ou cousa que se ama.

    3. Persoa que mantén unha relación de amor con outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pisar e estrullar as plantas.

    2. Confundir obxectos de diversos tipos.

    3. Facer cousas mal feitas ou que non serven para nada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte máis branda e tenra das plantas e da madeira.

    2. Parte interior dos cornos e das unllas dos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tira de coiro ou material plastificado que serve para atar os zapatos ou para suxeitar algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao ceo claro con nubes que se asemellan ao algodón.

    VER O DETALLE DO TERMO