alxina
alxina
Plural:
alxinas
-
s
f
[QUÍM ]
Substancia mucilaxinosa, constituída por ácido alxínico ou alxinatos impuros, extraída de algas mariñas pardas. A alxina é un coloide hidrofílico moi empregado coma espesante, emulsionante, estabilizante, humectante e axente de suspensión. Aplícase na fabricación de fibras, aprestos e pezas téxtiles, no tratamento de augas de caldeiras e de fangos de perforación, na emulsión de aceites minerais e coma aglomerante e adhesivo.
-
fibra de alxina
[QUÍM ]
Fibra ou fío formado por un alxinato metálico insoluble. Os fíos de alxina empréganse sobre todo como soporte para tecer fíos de la moi finos, que doutro xeito non se poderían obter.