álxebra

álxebra

ár al- ǧ abr

Plural: álxebras
  1. s f [MAT ]

    Parte das matemáticas que estuda as estruturas alxébricas dos conxuntos. O seu concepto fundamental é o de estrutura alxébrica. Baséase nas propiedades asociativa e conmutativa das operacións de suma e multiplicación, no elemento neutro e simétrico desas operacións e na propiedade distributiva da multiplicación.

  2. álxebra de Boole [MAT ]

    Aplicación dos métodos da álxebra á teoría dos conxuntos e á lóxica.

  3. álxebra da lóxica [MAT ]

    Aplicación dos métodos alxébricos ás relacións lóxicas.

  4. álxebra matricial [MAT ]

    Teoría alxébrica que se ocupa das operacións entre matrices.

  5. teorema fundamental da álxebra [MAT ]

    Toda ecuación polinómica de grao n > 0 con coeficientes complexos que ten polo menos unha raíz complexa.