"MIT" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2230.

    1. Relativo ou pertencente á orde ou regra dos celestinos.

    2. Relixioso da orde dos celestinos.

    3. Congregación eremita fundada en La Maiella cara a 1264 por Pietro del Morrone.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cavidade secundaria de orixe mesodérmica e orixinalmente bilateral, limitada polo epitelio, e que contén no seu interior o líquido celomático.

    2. Cavidade embrionaria situada entre o amnio e o corión na maioría de embrións de mamíferos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo ou ás linguas celtas.

    2. Individuo do pobo celta.

    3. Pobo de orixe indoeuropea que posiblemente se individualizou do tronco común precelta no II milenio a C en Centroeuropa nunha área delimitada polo Rin, ao N, e o Danubio, ao S.

    4. Familia de linguas indoeuropeas situadas no extremo occidental de Europa, pero que antigamente ocupaban unha área máis extensa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unidade anatómica e fisiolóxica fundamental da materia viva que pode constituír un organismo por si soa, organismo unicelular, ou formar grupos especializados con outras células dando lugar a tecidos e órganos nos organismos pluricelulares. Diferéncianse dous tipos de células: a célula procariota que non ten membrana nuclear e a célula eucariota co núcleo delimitado pola membrana nuclear.

    2. Célula que nas anxiospermas, está en contacto cun tubo criboso.

    3. Célula que fornece as súas necesidades metabólicas mediante a incorporación, exclusivamente, de produtos inorgánicos do medio.

    4. linfocito B.

    5. leucocito.

    6. mastocito.

    7. Tipo de célula non caracterizada hematoloxicamente que ten capacidade para atacar e provocar a lise de linfomas in vitro. OBS: Tamén se denomina células NK.

    8. Célula esteliforme con función fagocigótica que se atopa no fígado e no revestimento endotelial dos vasos sanguíneos.

    9. Célula non fagocítica derivada da medula ósea, presente na pel, que posúe antíxenos MCH tipo II  e receptores para os compoñentes do complemento e para as posicións Fc das inmunoglobulinas G.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Material plástico que, mesturado cun líquido, se volve adhesivo e capaz de unir fragmentos ou masas sólidas.

      1. Material en po, constituído fundamentalmente por compostos de calcio que, amasado con auga, da a pasta de cemento, que permite a adhesión adecuada de pedras e ladrillos.

      2. Formigón que se reforza con varas de ferro para que sexa máis resistente.

    2. Substancia sólida que se estabiliza entre as partículas dun solo.

    3. Materia mineral, precipitada quimicamente nos espazos intergranulares dunha rocha sedimentaria detrítica.

    4. Substancia que se emprega para a cementación dun metal.

    5. Substancia dura que recobre a dentina da raíz dos dentes.

    6. Pedra sen labrar ou partículas de mármore, segundo o tratado arquitectónico de Vitrubio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao cemiterio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar onde se enterran os mortos.

    2. Lugar en que se enterran animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Percepción de sensacións internas que permite a apreciación da posición, do equilibrio e de cambios no sistema muscular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acto de censurar.

      1. Exame crítico do contido de determinadas obras que asegura que se respectan determinados límites.

      2. Autoridade, tribunal ou organismo encargado de examinar obras sometidas a censura.

      1. Cargo de censor na antiga Roma.

      2. Período de duración no posto dos dous maxistrados que se ocupaban da realización do censo e da vixilancia dos costumes.

      1. Acción de reprender aos demais pola súa conduta ou polas súas obras.

      2. Condena pública dunha doutrina teolóxica que pronuncia a Igrexa ou un corpo eclesiástico.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación de microtúbulos dispostos a xeito de cilindros curtos situados no medio do centrosoma das células animais que participan na cinética da mitose e na formación de cilios, flaxelos e outras estruturas celulares.

    VER O DETALLE DO TERMO