célula
lat cellŭla lat cella ‘oco’
-
-
s
Unidade anatómica e fisiolóxica fundamental da materia viva que pode constituír un organismo por si soa, organismo unicelular, ou formar grupos especializados con outras células dando lugar a tecidos e órganos nos organismos pluricelulares. Diferéncianse dous tipos de células: a célula procariota que non ten membrana nuclear e a célula eucariota co núcleo delimitado pola membrana nuclear.
-
célula anexa
Célula que nas anxiospermas, está en contacto cun tubo criboso.
-
célula autotrófica
Célula que fornece as súas necesidades metabólicas mediante a incorporación, exclusivamente, de produtos inorgánicos do medio.
-
célula B
linfocito B.
-
célula branca
leucocito.
-
célula cebada
mastocito.
-
célula citotóxica
Tipo de célula non caracterizada hematoloxicamente que ten capacidade para atacar e provocar a lise de linfomas in vitro. OBS: Tamén se denomina células NK.
-
célula de Küpffer
Célula esteliforme con función fagocigótica que se atopa no fígado e no revestimento endotelial dos vasos sanguíneos.
-
célula de Langerhans
Célula non fagocítica derivada da medula ósea, presente na pel, que posúe antíxenos MCH tipo II e receptores para os compoñentes do complemento e para as posicións Fc das inmunoglobulinas G.
-
célula de Leydig
Célula intersticial secretora de esteroides, abundante entre os túbulos seminíferos dos testículos, que é estimulada pola hormona luteizante.
-
célula de Malpighi
Cada unha das células provistas de prolongacións espiñosas que se localizan no corpo mucoso de Malpighi.
-
célula de Purkinje
Neurona de gran tamaño e moi ramificada que existe na zona media da codia cerebral.
-
célula de rexeneración
Célula indiferenciada que, durante o proceso de rexeneración, dá lugar a outras diferenzas.
-
célula de Schwann
Célula que forma a vaíña de mielina das fibras nerviosas do sistema nervioso periférico dos vertebrados.
-
s
-
s
f
[POLÍT ]
Elemento de base de certas organizacións políticas, en particular dos partidos comunistas.
-
célula de Bénard
[FÍS ]
Células hexagonais que se forman no seo dun fluído por mor da convección e que aparecen cando hai unha diferenza de temperatura entre as dúas caras dunha capa de fluído.
-
célula electroquímica
[TECNOL ]
Dispositivo en que se consegue unha reacción química grazas ao fornecemento de enerxía eléctrica.
-
célula fotoeléctrica
[TECNOL ]
Dispositivo electrónico que se basea no efecto fotoeléctrico destinado a converter unha radiación, xeralmente luminosa.
-
célula solar
[TECNOL ]
Célula fotovoltaica destinada a producir enerxía eléctrica a partir da radiación.