"fisi" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 231.

  • Aplícase á substancia fisiolóxica ou farmacolóxica que aumenta a colepoese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bacteria da especie Escherichia coli que se emprega como ferramenta de traballo en investigación de bioloxía molecular, en manipulación xenética e en bioquímica e fisioloxía bacteriana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudo do número e das características das células de escamadura fisiolóxica da vaxina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unión de persoas, sociedades ou outras entidades cun interese común.

    2. Forma xurídica de organización administrativa para a xestión dos convenios de colaboración entre dúas ou máis administracións públicas.

    3. Asociación de empresas que manteñen a súa autonomía financeira e personalidade xurídica, para acadar un obxectivo económico, comercial, bancario ou para coordinar a prestación de servizos e bens públicos.

    4. Unidade morfolóxica e fisiolóxica constituída polo conxunto de organismos que compoñen unha simbiose. Tamén designa relacións de comensalismo e parasitismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de constituír ou constituírse.

      1. Maneira en que algo está constituído.

      2. Maneira en que está formado o corpo dun ser vivo, especialmente do ser humano, dependente do desenvolvemento e funcionamento dos seus órganos.

      3. Conxunto de características morfolóxicas, fisiolóxicas e psicolóxicas dun individuo, que permiten determinar o tipo en que se inclúe.

    2. Norma fundamental dun Estado que establece e garante os dereitos e deberes dos cidadáns, e regula a organización do sistema de poderes do Estado.

    3. Conxunto de normas xurídicas que incluían os decretos, edictos e disposicións de contido xeral, os rescritos sobre cuestións e consultas particulares, e os mandatos como instrucións aos funcionarios imperiais.

      1. Disposición conciliar ou papal sobre cuestións ou costumes de fe.

      2. Disposición diocesana promulgada polo bispo nun sínodo ou con asentimento do capitolio catedralicio con valor de lei canónica, que non pode ser reformada nin derrogada se non é por un novo decreto episcopal, doado in plena synodo.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito de tocar fisicamente unha persoa ou unha cousa a outra.

    2. Relación social de dúas ou máis persoas.

    3. Persoa que fai de intermediaria para obter algunha cousa.

    4. Instante en que o punto luminoso dun astro que se eclipsa entra ou sae do cono de sombra do corpo que eclipsa.

      1. Condición de dous corpos condutores que se tocan co fin de establecer o paso de corrente eléctrica dun a outro.

      2. Peza condutora destinada a establecer un contacto con outra semellante para producir o peche ou a abertura dun circuíto eléctrico.

    5. Superficie plana que separa dúas masas contiguas de rocha.

    6. Copia das mesmas dimensións ca o negativo que se realiza ao poñer en contacto, durante a exposición, o papel co negativo orixinal.

    7. Peza metálica disposta a modo de traveseiro, colocada entre os carrís e conectada cos sinais dunha instalación de bloqueo que, ao pasar unha locomotora, acciona un dispositivo sonoro desta cando a vía está ocupada.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos coptos ou á lingua copta.

    2. Individuo da comunidade copta.

    3. Comunidade minoritaria de Exipto, caracterizada orixinariamente pola práctica do cristianismo monofisita pero, coa lenta adopción da relixión musulmá, pasou a denominar os cristiáns exipcios.

      1. Lingua camítica derivada do antigo exipcio. Posúe un alfabeto propio. Segundo os documentos escritos coñecidos, divídese en distintos dialectos, correspondentes ás diferentes rexións de Exipto. A comunidade cristiá copta fala árabe e o uso da lingua copta é unicamente ritual.

      2. Alfabeto propio da lingua copta que adoptou o alfabeto grego e mais algunhas letras deformadas da escritura demótica.

      3. Igrexa autóctona de Exipto, herdeira da tradición que tivo como centro Alexandría e constituída formalmente tras o Concilio de Calcedonia (451).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera obxecto ou substancia que está formado por unha porción limitada de materia.

    2. Figura xeométrica que ten tres dimensións: lonxitude, anchura e grosor.

    3. Formación endócrina que se desenvolve nun ovario despois de desprenderse un folículo de Graaf. Segrega proxesterona e persiste cando o óvulo resulta fecundado.

    4. Cada unha das dúas columnas eréctiles situadas no dorso do pene e do clítoris.

    5. Engrosamento da zona vascular do ollo que une a coroide co iris.

    6. Especie química formada por máis dunha clase de átomos.

    7. Estrutura eréctil e cilíndrica, de constitución trabecular, situada na cara ventral do pene.

    8. Obxecto alleo ao organismo en que penetrou.

    9. Masa de substancia gris situada nos hemisferios cerebrais por fóra dos ventrículos laterais.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da física que estuda os fenómenos que se producen a temperaturas moi baixas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de curar.

      1. Tratamento especial ao que se somete un enfermo coa finalidade de eliminar ou paliar a doenza que sofre.

      2. Permanencia na alta montaña como medio terapéutico.

      3. Tratamento de certas enfermidades mediante diversos tipos de augas minerais.

      4. Tratamento que se aplica a unha persoa para eliminar a súa dependencia fisiolóxica e psicolóxica a determinadas substancias.

      5. Aplicación continua, en departamentos clínicos especiais, dos procedementos de observación, diagnose e tratamento adecuados ás enfermidades graves.

    2. Aplicación de substancias medicamentosas e de apósitos enriba dunha ferida para que cure.

      1. Sacerdote que ten ao seu cargo unha freguesía.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO