corpo
lat cŏrpu
-
-
s
Calquera obxecto ou substancia que está formado por unha porción limitada de materia.
-
s
[MAT ]
Figura xeométrica que ten tres dimensións: lonxitude, anchura e grosor.
-
corpo amarelo/lúteo
[FISIOL ]
Formación endócrina que se desenvolve nun ovario despois de desprenderse un folículo de Graaf. Segrega proxesterona e persiste cando o óvulo resulta fecundado.
-
corpo cavernoso
[ANAT ]
Cada unha das dúas columnas eréctiles situadas no dorso do pene e do clítoris.
-
corpo ciliar
[ANAT ]
Engrosamento da zona vascular do ollo que une a coroide co iris.
-
corpo composto
[QUÍM ]
Especie química formada por máis dunha clase de átomos.
-
corpo esponxoso
[ANAT ]
Estrutura eréctil e cilíndrica, de constitución trabecular, situada na cara ventral do pene.
-
corpo estraño
[MED ]
Obxecto alleo ao organismo en que penetrou.
-
corpo estriado
[ANAT ]
Masa de substancia gris situada nos hemisferios cerebrais por fóra dos ventrículos laterais.
-
corpo gris
[FÍS ]
Corpo que radia unha distribución de enerxía igual á do corpo negro coa mesma temperatura, agás un factor de redución constante, que é independente da lonxitude de onda.
-
corpo mucífero
[BOT ]
Corpúsculo arredondado ou fusiforme que aparece sobre a cutícula celular das crisofíceas e das euglenofíceas.
-
corpo mucoso de Malpighi
[ANAT ]
Capa profunda da epiderme, branca, espesa e turxente, constituída polos estractos basais, espiñoso e granuloso.
-
corpo negro
[FÍS ]
Corpo ideal que absorbe todas as radiacións que recibe e que emite unha radiación determinada exclusivamente pola súa temperatura e pola lonxitude de onda incidente.
-
corpo simple
[QUÍM ]
Especie química formada por unha única clase de átomos.
-
s
-
-
s
Conxunto de todas as partes materiais ou físicas que constitúen o organismo dun ser humano, animal ou vexetal.
-
s
[FILOS/RELIX ]
Substancia material que, xunto coa alma ou espírito, integra o conxunto humano.
-
corpo astral
[FILOS/RELIX ]
Terceiro dos sete graos de corporeidade dos que consta o corpo humano.
-
o corpo de Cristo
[RELIX ]
Hostia consagrada.
-
s
-
s
m
Animal ou persoa mortos.
-
s
m
Parte de maior volume dunha persoa ou dun animal, constituída pola súa materia excepto pola cabeza e polas extremidades, no ser humano, ou pola cola, nos animais.
-
s
m
-
Parte principal ou maior dunha cousa.
-
[ESCR ]
Parte principal dun texto.
-
-
s
m
-
Grosor, textura, densidade e consistencia material que presenta algunha cousa.
-
Característica propia dos viños nos que todas as súas calidades resaltan con intensidade.
-
-
-
s
Calquera colectivo de persoas que constitúen un organismo ou institución e que exercen unha mesma función.
-
s
[DER ]
Conxunto dos funcionarios públicos que teñen unha regulación homoxénea respecto das condicións de acceso, carreira e funcións que se pretenden desenvolver.
-
corpo de garda
[BÉL ]
Conxunto de soldados encargados da custodia dunha posición ou de calquera dependencia militar.
-
corpo diplomático
[POLÍT ]
Conxunto dos representantes oficiais acreditados diante do goberno dun estado.
-
corpo do exército
[BÉL ]
Unidade militar superior á división e inferior ao exército.
-
corpo xeral da armada
[BÉL ]
Órgano da Mariña destinado ao mando xeral.
-
s
-
s
m
[GRÁF ]
Tamaño ou altura do tipo.
-
s
m
[MAT ]
Conxunto dotado de dúas operacións, suma e produto, coas seguintes propiedades: respecto da suma o conxunto ten estrutura de grupo conmutativo, mentres que respecto do produto é tamén grupo, conmutativo ou non, feito que determinará a denominación do grupo. Ademais, esíxese que a operación produto teña a propiedade distributiva respecto á operación suma.
-
corpo do delito
[DER ]
Obxecto ou medio empregado para cometer un delito ou onde existen sinais del.
-
corpo morto
[MAR ]
Obxecto somerxido que ten a misión de manter o barco nun punto fixo.
Sinónimos
Citas
- As distintas ramas da física estudian cousas tales como o movemento dos corpos celestes, o choque dos corpos elásticos ou a caída dos corpos no baleiro
- Compramos un armario de tres corpos, O arquitecto deseñou a obra en cinco corpos
- Estiveron velando o corpo do pai toda a noite no tanatorio, O seu corpo estaba estricado na estrada por mor dun atropelo
- O corpo do traballo xa se realizou e agora quedan pequenos retoques, O enxeñeiro aconsellou o derrubamento porque a greta afectaba ao corpo do edificio
- Para que a tinta non se vexa polo outro lado precisas un papel con máis corpo
- Uxía mercou unha americana co corpo liso e as mangas a raias
- Van facer un funeral de corpo presente polas víctimas do accidente, Van facer un funeral de corpo presente polas víctimas do accidente
Frases feitas
-
A corpo loc adv Con pouca roupa. SIN: en c
-
Ser un corpo sen alma. Ser unha persoa apoucada.
-
A corpo de rei. Ser tratado ou vivir con comodidade unha persoa.
-
Andar/facer/dar de corpo. Defecar.
-
Botar (o) corpo. Medrar unha persoa.
-
Corpo a corpo loc adv Contactando fisicamente as persoas que combaten. Ex: Combateu corpo a corpo. OBS: Empr
-
De medio corpo. Apl
-
En corpo e alma loc adv Con moita dedicaci
-
Non andar de corpo. Estar algu
-
Ter o demo no corpo. Apl
-
Tomar corpo algunha cousa. Comezar a desenvolverse ou a facerse concreta algunha cousa.
-
Volverse o corpo. Sufrir n