"esan" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 180.

      1. Alto funcionario ou ministro responsable, antigamente, do selo, do arquivo ou da correspondencia real ou papal.

      2. Título que recibe o ministro de Asuntos Exteriores nalgúns países sudamericanos.

    1. Funcionario da curia diocesana que se encarga de redactar e conservar as actas.

    2. Funcionario que nunha misión diplomática desempeña o cargo máis importante despois do xefe da misión.

    3. Cargo universitario, o máis alto da xerarquía académica, representante da autoridade papal ou rexia, sen carácter executivo.

    4. Funcionario responsable da administración nunha escribanía ou nunha corporación, que tiña ao seu cargo notarios e escribáns chancelaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma átona do pronome persoal de segunda persoa de singular en función de complemento indirecto que equivale a ‘a ti’.

    2. Forma que se emprega como reforzo da expresión, sen realizar ningunha función sintáctica, para implicar o receptor que non participa nos feitos que se expresan pero que o emisor si quere que o faga ficticiamente. OBS: Contrae coas formas personais átonas de complemento directo: cho, cha, chos, chas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que exerce coacción.

    2. Aplícase aos verbos que expresan unha acción que se ten que facer con esforzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Falar dun asunto expresando opinións ou observacións.

      2. Explicar ou interpretar un texto por medio de notas aclaratorias.

    1. Transmitir oralmente unha información ou unha opinión sobre calquera tema.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inicio dunha acción que non se completa na súa totalidade.

    2. Termo que se aplica ao presente e ao copretérito para indicar que expresan o comezo dunha acción ou que esta se intenta e non se realiza.

    3. Intento non consumado de efectuar un acto con contido delituoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Admitir algo que se mantiña en secreto.

      2. Manifestar os pecados a un sacerdote para recibir a absolución.

    1. Declarar publicamente as crenzas propias.

    2. Administrar o sacerdote o sacramento da penitencia.

    3. Admitir ou recoñecer unha persoa que é o que expresa.

    4. Dicir os pecados ao sacerdote.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Agrupación de persoas que teñen o mesmo oficio e que se unen en defensa dos seus intereses profesionais ou que comparten a mesma ideoloxía.

      2. Corporación de dereito público que actúa como órgano de consulta e colaboración coa administración pública sobre temas de interese xeral, referentes á actividade extractiva pesqueira e á súa comercialización, especialmente nos sectores artesanais e de baixura.

      3. Unidade de carácter asociativo e sindical, dependente do Instituto Social da Mariña, que integra os produtores de actividades orixinarias e derivadas do exercicio da pesca.

    1. Asociación de fieis constituída para o exercicio de obras de piedade e de caridade, e para incrementar o culto público do seu santo patrón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de significados adicionais que transmite unha palabra, dentro do sistema de valores do emisor e receptor.

    2. Propiedade que teñen algúns termos para designar o seu obxecto propio, expresando algúns dos seus atributos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Opinión que alguén dá ou recibe sobre cómo se deben facer as cousas.

      2. Máximas evanxélicas que a Igrexa católica non considera categóricas.

      1. Órgano administrativo colexiado con funcións consultivas, xurisdicionais ou executivas e deliberativas.

      2. Órgano colexiado que asesoraba no goberno os reis españois durante a Idade Moderna.

      3. Órgano colexiado permanente da administración dunha sociedade anónima e de entidades de dereito público, que se ocupa das funcións de xestión e representación da sociedade.

      4. Organismo constituído nalgúns centros ou establecementos privados ou públicos que vixía o mantemento da orde e a conduta dos seus membros e propón sancións disciplinarias.

      5. Organismo destinado a intervir na tutela de menores non emancipados e/ou dos incapacitados.

      6. Tribunal de xustiza encargado das causas da xurisdición militar.

      7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de constituír ou constituírse.

      1. Maneira en que algo está constituído.

      2. Maneira en que está formado o corpo dun ser vivo, especialmente do ser humano, dependente do desenvolvemento e funcionamento dos seus órganos.

      3. Conxunto de características morfolóxicas, fisiolóxicas e psicolóxicas dun individuo, que permiten determinar o tipo en que se inclúe.

    2. Norma fundamental dun Estado que establece e garante os dereitos e deberes dos cidadáns, e regula a organización do sistema de poderes do Estado.

    3. Conxunto de normas xurídicas que incluían os decretos, edictos e disposicións de contido xeral, os rescritos sobre cuestións e consultas particulares, e os mandatos como instrucións aos funcionarios imperiais.

      1. Disposición conciliar ou papal sobre cuestións ou costumes de fe.

      2. Disposición diocesana promulgada polo bispo nun sínodo ou con asentimento do capitolio catedralicio con valor de lei canónica, que non pode ser reformada nin derrogada se non é por un novo decreto episcopal, doado in plena synodo.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO