consello

consello

lat consilĭu ‘asemblea, deliberación’

Plural: consellos
    1. s

      Opinión que alguén dá ou recibe sobre cómo se deben facer as cousas.

    2. consellos evanxélicos [RELIX ]

      Máximas evanxélicas que a Igrexa católica non considera categóricas.

    1. s

      Órgano administrativo colexiado con funcións consultivas, xurisdicionais ou executivas e deliberativas.

    2. s [HIST ]

      Órgano colexiado que asesoraba no goberno os reis españois durante a Idade Moderna.

    3. consello de administración [DER ]

      Órgano colexiado permanente da administración dunha sociedade anónima e de entidades de dereito público, que se ocupa das funcións de xestión e representación da sociedade.

    4. consello de disciplina [DER ]

      Organismo constituído nalgúns centros ou establecementos privados ou públicos que vixía o mantemento da orde e a conduta dos seus membros e propón sancións disciplinarias.

    5. consello de familia [DER ]

      Organismo destinado a intervir na tutela de menores non emancipados e/ou dos incapacitados.

    6. consello de guerra [DER ]

      Tribunal de xustiza encargado das causas da xurisdición militar.

    7. consello de ministros [POLÍT ]

      Órgano superior da Administración Pública que dirixe a política xeral e ten o poder executivo. Encárgase da dirección da política xeral e da administración do Estado.

    8. consello escolar de centro [EDUC ]

      Órgano colexiado que forma parte das estruturas organizativas dos centros educativos e a través do que, a comunidade escolar participa na xestión dese centro.

    9. consello obreiro [POLÍT ]

      Organismo de carácter, composición, finalidade e atribucións moi diversas, que pode incluír desde a simple representación sindical ata a xestión máis avanzada.

    10. consello pastoral [RELIX ]

      Organismo diocesano consultivo, formado por clérigos, relixiosos e segrares escollidos polo bispo.

    11. consello presbiteral [RELIX ]

      Organismo diocesano representante dos presbíteros para o goberno da diocese.

    12. consello reitor [DER ]

      Órgano permanente e colexiado de representación das sociedades cooperativas que posúe funcións de administración e xestión.

Citas

  • Foille pedir consello ao seu pai antes de aceptar o traballo

Refráns

  • A caso novo, consello vello.
  • Aconsellar non é dar.
  • Aconsellar non é mandar nin rogar.
  • Aconséllate con quen saiba e, se queres aceptar, aceptas.
  • Anque sexas vello, non renegues do consello.
  • Cal o consello, tal o vencello.
  • Coida de dar o consello de xeito que che non tiren o pelexo.
  • Colle o meu con sello e fai o que quixeres.
  • Dame diñeiro e non me deas consellos.
  • Damos a outro o consello e inda para nós non o ternos.
  • Dar mal con sello é oficio do demo.
  • Do inimigo colle o consello.
  • Do vello, o consello; e do rico, o diñeiro para un remedio.
  • En consellos hai que oír aos vellos.
  • Mal lle vai á ovella que co lobo se aconsella.
  • Moitos hai para aconsellar e poucos para remediar.
  • Moitos parentes hai para aconsellar, mais non para remediar.
  • No máis vello está o bo consello.
  • Non debe dar consello o que para si non o ten.
  • Non desprecies o consello do sabio ou do vello.
  • Non fíes de consellas que son contos de vellas.
  • Ó bo consello non se lle atopa precio.
  • O can vello, se ladra, dá consello.
  • O consello da muller é pouco,pero o que non o segue é un louco.
  • O consello muda o vello.
  • O consello non é ben recibido, se non é pedido.
  • O consello segundo o concello.
  • O consello tómao sempre do vello.
  • O consello, ao vello; e á moza, o espello.
  • O corazón maleado non quere ser aconsellado.
  • O mellor conselleiro é a almofada, que dá sempre o consello e non cobra nada.
  • O namorado non quere ser aconsellado.
  • O que ben aconsella, ben achega.
  • O que con moitos se aconsella fai o que non debera.
  • O que consigo se aconsella, consigo se desconsella.
  • O que dá consellos non dá diñeiros.
  • O que non oe consello non chega a vello.
  • Os mortos son os que dan consellos aos vivos.
  • Quen dá consellos, non dá cartos.
  • Se che contan consellas, abre os ollos e tapa as orellas.
  • Se o bo consello tomara, outro galo me cantara.
  • Se queres bo consello, pídello ao home vello.
  • Vale máis pan duro que consello de burro.
  • Vendo consellos, e inda para min non os teño.