"chamado" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 69.

  • Instrumento aerófono que na súa forma máis simple está constituído por un tubo melódico, chamado punteiro, unido a un pequeno saco onde se almacena o aire, chamado fol e un tubo por onde se introduce o aire, chamado soprete. Foi evolucionando desde a forma máis primitiva e na Idade Media incorporáronselle diferentes elementos para mellorar a súa musicalidade: o roncón, que proporciona un baixo continuo, o ronquillo, que emite a nota dominante do punteiro, pero unha oitava máis baixa, e o chión, que completa o acorde da tonalidade da gaita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de fenómenos de glaciarismo que acontecen, desde o Precámbrico, en diversos períodos da historia xeolóxica, chamados tamén glaciacións, durante os que o xeo polar invadía periodicamente a superficie dos continentes. Nas rexións alpinas europeas, durante o Cuaternario, soportáronse catro glaciacións: Günz, Mendel, Riss e Würm.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos hapálidos.

    2. Primate da familia dos hapálidos.

    3. Familia de primates platirrinos formada por individuos con cabeza arredondada, a cara longa e pilosa e os ollos relativamente grosos. Comprende os chamados titís.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos heterópteros.

    2. Insecto da orde dos heterópteros.

    3. Suborde de insectos da orde hemíptera, coñecidos como chinches; que posúen un aparato bucal picador-chupador, caracterizado principalmente pola transformación en estiletes das maxilas e as mandíbulas, incluídas na cápsula cefálica. As ás posteriores son membranosas, mentres que a parte basal das ás anteriores está endurecida e forma os chamados hemiélitros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espazo entre dúas cousas.

    2. Espazo de tempo entre dous acontecemetos ou momentos.

      1. Conxunto de números reais comprendidos entre dous números reais a e b, chamados extremos.

      2. Conxunto de números máis grandes ou máis pequenos ca un número real dado.

    3. Distancia que separa dous sons na escala musical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de entremeterse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco plano e delgado de calquera material resistente.

      1. Prego delgado radial situado na cara inferior do sombreiro dos cogomelos, recuberto polo himenio.

      2. Parte superior ensanchada do pétalo.

      3. limbo.

      1. Plano de orde inferior á de estratrificación, aplicado en sedimentoloxía.

      2. Mostra de rocha tallada finamente para ser observada mediante o microscopio.

    2. Ilustración impresa en papel.

    3. Estrutura citoplasmática formada por un conxunto de vesículas aplanadas, que se dispoñen paralelamente, e que son frecuentes nas células xerminais e nas que teñen unha elevada síntese proteica.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Centro educativo de ensino secundario chamado así nalgúns países.

    2. Asociación dedicada á promoción social ou cultural, fundada en Europa ao longo do s XIX, asociada a determinados grupos sociais, profesionais ou políticos.

    3. Campo da antiga Grecia en que se realizaban paradas militares e onde Pericles fundou un ximnasio que, máis tarde, foi sede da escola peripatética de Aristóteles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio destinado á oración dos fieis no Islam. Está estruturado nunha sala dividida en naves que se orienta perpendicularmente cara á quibla, muro situado en dirección á Meca. No seu eixe central localízase un nicho ou capela chamado miḥrāb e diante del está a maqṣūra, recinto reservado para o califa. Anexo a esta construción ábrese un patio xeralmente porticado, cunha fonte no centro para as ablucións. A partir dos Omeias, engadiuse unha torre denominada minarete.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Molusco lamelibranquio, da familia dos mitílidos, de cor negra no exterior e azul iridescente no interior que se fixa ao substrato mediante o chamado biso. Forman colonias dunha gran densidade sobre as rochas da zona intermareal e aliméntanse por filtración.

    2. Molusco, da familia dos mitílidos, que habita en auga doce. Na Península Ibérica considérase unha especie invasora especialmente perigosa.

    VER O DETALLE DO TERMO