liceo

liceo

lat lyceu gr Λύκειον

Plural: liceos
  1. s m

    Centro educativo de ensino secundario chamado así nalgúns países.

  2. s m

    Asociación dedicada á promoción social ou cultural, fundada en Europa ao longo do s XIX, asociada a determinados grupos sociais, profesionais ou políticos.

  3. s m [HIST/FILOS ]

    Campo da antiga Grecia en que se realizaban paradas militares e onde Pericles fundou un ximnasio que, máis tarde, foi sede da escola peripatética de Aristóteles.