mexillón
mexillón
lat tardío muscelliōne
-
s
m
[ANIMAL ]
Molusco lamelibranquio, da familia dos mitílidos, de cor negra no exterior e azul iridescente no interior que se fixa ao substrato mediante o chamado biso. Forman colonias dunha gran densidade sobre as rochas da zona intermareal e aliméntanse por filtración.
-
mexillón cebra
[ANIMAL ]
Molusco, da familia dos mitílidos, que habita en auga doce. Na Península Ibérica considérase unha especie invasora especialmente perigosa.