intromisión
intromisión
lat intromissu
s
f
Acción de entremeterse.
Refráns
- A onde non te chaman, non vaias: que, se non te chamaron, é que non facías falla.
- A voda e a bautizado non vaias sen ser chamado e así non darás enfado.
- Cada ruín quere entrar na danza coa súa mudanza.
- Cando a zorra anda á caza dos grilos, se mal é para ela, peor é para os fillos.
- Comadre andarega, non hai sitio onde se non vexa.
- Déixate de remexer o que non has comer.
- Entrar pola manga e saír polo cabezón.
- Entre marido e muller ninguén se debe meter.
- Entre país e irmáns non méta-Ias manso
- Entre país e irmáns non póña-Ias mans o
- Entre país, fillos e irmáns non metáde-Ias manso
- Entre paren tes non metas os dentes.
- Ninguén se meta no que non deba.
- Ninguén se meta no que non sabe.
- Non entres de romplón na casa allea; chama dende fóra e espera.
- Non lle importa a ninguén como vive ninguén.
- Non méta-Ia cara onde non te chaman.
- O que vai á voda sen ser chamado, volve dela avergonzado.
- Onde non te chamen, non te metas.
- Van os cans a onde non os chaman e levan pedradas.
- Van os cans a onde os chaman e mais apañan pedradas.
- Veño á voda, que son parente do zoqueiro que fixo os zocos para a noiva.
- ¿Que quere saber ninguén o que fai ninguén na casa de ninguén?