"auri" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 99.

    1. Planta do xénero Centaurium, da familia das xencianáceas, de flores pentámeras xeralmente rosáceas, que aparecen en lugares areosos, no litoral e en lugares húmidos.

    2. Planta herbácea anual, da familia das xencianáceas, que presenta follas triangulares opostas e soldadas na base e corola amarela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ceratosáuridos.

    2. Individuo da familia dos ceratosáuridos.

    3. Familia de dinosauros da infraorde dos carnosauros que se caracteriza por presentar un pequeno corno sobre o fociño. Viviron durante o Xurásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cetiosáuridos.

    2. Dinosauro da familia dos cetiosáuridos.

    3. Familia de dinosauros, da infraorde dos saurópodos, de vértebras parcialmente ocas e cadeira unida á columna vertebral por catro vértebras sacras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Colocar algo ou a alguén de xeito que se sosteña sen apoiar a súa parte inferior. Tm v pron.

    2. Matar a alguén suspendéndoo polo pescozo. Tm v pron.

    3. Cortar a comunicación telefónica colocando o auricular no seu soporte.

    4. Estar algo ou alguén suxeito nun sitio por unha parte quedando libre pola inferior.

    5. Bloquearse o funcionamento dun ordenador.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de comunicar ou de comunicarse.

      2. Intercambio verbal de información no que un individuo (emisor) produce unha mensaxe, destinado a outro, chamado receptor ou destinatario.

      3. Transmisión de información dun punto a outro mediante un enlace telefónico, telegráfico, radioeléctrico ou vía satélite.

      4. Feito de transmitir unha mensaxe, establecendo unha relación e unha interacción sociais.

      5. Transmisión de información entre animais que ten como finalidade provocar un cambio na conduta.

      6. Transmisión de significados culturais que se dirixe a un gran público a través dos medios de comunicación de masas.

      7. Acción de comunicarse a través da linguaxe corporal.

      1. Medio polo que se establece un contacto ou unión entre dous lugares.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de conducir.

    2. Conxunto dos condutos e accesorios que, dispostos adecuadamente, constitúen unha instalación lineal ou unha rede para o transporte e a distribución dun fluído.

    3. Nome xenérico dalgúns fenómenos de transporte (de enerxía, carga ou materia) case exclusivos da materia condensada.

      1. Propiedade dalgunhas estruturas do organismo de transmitir os estímulos.

      2. Transmisión dos cambios eléctricos que, orixinados no nódulo do seo auricular, dan lugar ás contraccións cardíacas.

      3. Transmisión dos impulsos electroquímicos polas células excitables do organismo a través dos cambios de permeabilidade nas súas membranas.

      4. Transmisión do son a través dos ósos do cranio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Baixar algo ou alguén do lugar onde estaba colgado.

    2. Coller o auricular do teléfono para poder falar por el.

    3. Botarse ou deixarse caer por un lugar axudándose de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Interrupción da fibrilación auricular ou ventricular para o restablecemento do ritmo cardíaco normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo extinto de réptiles que apareceron a finais do Triásico, hai uns 230 millóns de anos, e extinguíronse hai 65 millóns.Comprende as ordes dos sauriquios e dos ornitisquios, dentro das que se poden atopar especímenes moi diversos na súa estrutura, alimentación ou forma de vida. A este grupo pertenceron os animais terrestres máis grandes que existiron.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada unha das demarcacións que, con finalidades administrativas, divide un municipio, unha comarca ou un Estado.

      2. Cada unha das circunscricións administrativas en que están divididos os departamentos franceses desde a súa creación en 1790.

      3. Circunscrición administrativa de primeira orde en Belize, Eslovaquia, Islandia, Israel, Lesotho, Luxemburgo, Mauricio, Portugal, Siria, Sri Lanka, Surinam, Swazilandia, Uganda e Djbuti, e, de segunda orde, en Albania, Malawi e Serra Leona.

      4. División administrativa de primeira orde en cuxo territorio  radica a capital dun estado federal.

      5. Subdivisión administrativa dos departamentos marítimos españois.

      1. Cada unha das demarcacións territoriais onde concorren os candidatos dunhas eleccións.

      2. Cada unha das demarcacións en que se subdivide o territorio dun municipio para a xestión dos servizos administrativos.

    1. Unidade fitoxeográfica inmediatamente inferior á provincia.

    VER O DETALLE DO TERMO