distrito

distrito

lat tardío d ǐ strĭctu, pp de distringĕre ‘separar’

Plural: distritos
    1. s

      Cada unha das demarcacións que, con finalidades administrativas, divide un municipio, unha comarca ou un Estado.

    2. s

      Cada unha das circunscricións administrativas en que están divididos os departamentos franceses desde a súa creación en 1790.

    3. s

      Circunscrición administrativa de primeira orde en Belize, Eslovaquia, Islandia, Israel, Lesotho, Luxemburgo, Mauricio, Portugal, Siria, Sri Lanka, Surinam, Swazilandia, Uganda e Djbuti, e, de segunda orde, en Albania, Malawi e Serra Leona.

    4. distrito federal

      División administrativa de primeira orde en cuxo territorio  radica a capital dun estado federal.

    5. distrito marítimo [DM]

      Subdivisión administrativa dos departamentos marítimos españois.

    1. distrito electoral

      Cada unha das demarcacións territoriais onde concorren os candidatos dunhas eleccións.

    2. distrito municipal

      Cada unha das demarcacións en que se subdivide o territorio dun municipio para a xestión dos servizos administrativos.

  1. s m [XEOG/BOT ]

    Unidade fitoxeográfica inmediatamente inferior á provincia.