"Gui" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1580.

  • Obxecto que se utiliza para conseguir que o lapis teña unha punta moi fina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parentesco, proximidade ou achegamento entre cousas que concordan.

    2. Parentesco que, por consecuencia do matrimonio, se orixina entre cada cónxuxe e os parentes por consanguinidade do outro.

    3. Transformación do espazo afín en si mesmo, que fai corresponder liñas paralelas con liñas paralelas, puntos propios con puntos propios e non cambia o subespazo do infinito.

    4. Tendencia dunha mestura de substancias a reaccionar quimicamente. Mídese pola diminución da enerxía libre de Gibbs que provoca a reacción, a temperatura e a presión constantes.

    5. Atracción sexual existente entre dúas especies diferentes.

    6. Tendencia que manifesta un átomo a gañar electróns, medida pola enerxía da reacción.

    7. Afinidade entre dúas ou máis doenzas que poden coexistir ou sucederse debido a que unha facilita a aparición da outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao fonema propio dalgunhas linguas que presenta un modo de articulación composto de dous momentos, un de oclusión e outro, subseguinte, de fricación. Tm s, referido a consoante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore do xénero Aguilaria, da familia das timeláceas, de madeira resinosa que se utiliza como perfume.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. aglomerar. 

    2. Resultado dunha aglomeración.

      1. Rocha clástica (ou detrítica) pouco coherente constituída por fragmentos de rochas anteriores unidos por cemento.

      2. Conxunto non consolidado de materiais piroclásticos (volcánicos) angulosos de máis de 3,2 cm de diámetro.

      1. Material resultante dun proceso de aglomeración. Casos particulares de aglomerados son as láminas de partículas ou de fibras, de carbón ou doutros produtos.

      2. Aglomerado de po de carbón, en forma de ladrillo (utilizado polos ferrocarrís e os barcos de vapor), ou de bólas ou ovoides (empregados nos fogares).

      3. Aglomerado feito cos restos da fabricación de cortizas. A cortiza tritúrase de forma que se converte nun granulado, que é escaldado e aglomerado a presión seguindo procedementos especiais segundo as diversas clases de aglomerado: aglomerado negro, aglomerado branco, aglomerado para discos e aglomerado para tapóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parentesco de consanguinidade por liña exclusivamente masculina.

    2. Parentesco civil existente entre o pater familias e todas as persoas sometidas á súa patria potestade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dirección das correntes mariñas que hai que seguir na pesca ao xeito para evitar que o barco vire cara ao aparello.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estar nos momentos derradeiros da vida.

    2. Estar a punto de extinguirse unha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ave de rapina que pertence principalmente aos xéneros Hieraetus Aquila, Haliaetus, Pithecophaga, Circaetus e Pandion. É de grandes dimensións, cun bico forte e curvado, a cabeza prominente e cuberta de plumas, coas patas curtas con plumas ata o comezo dos dedos, e as garras moi fortes. As ás son longas e voan a grande altura.

      2. Aguia da familia dos accipítridos, de plumaxe castaña e co píleo, a caluga e os ombreiros dun branco amarelado.

      3. Aguia da familia dos pandiónidos, de plumaxe contrastada entre a parte superior escura e a inferior branca. Na cabeza presenta unha pequena curupela e un anteface negro.

      4. Aguia da familia dos accipítridos, coa parte inferior da plumaxe escura nas ás e branca no peito.

      5. Aguia da familia dos accipítridos, de plumaxe escura con dourados na cabeza e na caluga.

    1. Denominación alquimista de diversas substancias, especialmente das sublimadas como o cloruro mercurioso ou o cloruro amónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cría da aguia.

    VER O DETALLE DO TERMO