aglomerado -da

aglomerado -da

aglomerar

Plural: aglomerados Masculino: aglomerado Masculino plural: aglomerados Feminino: aglomerada Feminino plural: aglomeradas
  1. p reg

    aglomerar. 

  2. s m

    Resultado dunha aglomeración.

  3. s m
    1. Rocha clástica (ou detrítica) pouco coherente constituída por fragmentos de rochas anteriores unidos por cemento.

    2. Conxunto non consolidado de materiais piroclásticos (volcánicos) angulosos de máis de 3,2 cm de diámetro.

    1. s

      Material resultante dun proceso de aglomeración. Casos particulares de aglomerados son as láminas de partículas ou de fibras, de carbón ou doutros produtos.

    2. aglomerado de carbón

      Aglomerado de po de carbón, en forma de ladrillo (utilizado polos ferrocarrís e os barcos de vapor), ou de bólas ou ovoides (empregados nos fogares).

    3. aglomerado de cortiza

      Aglomerado feito cos restos da fabricación de cortizas. A cortiza tritúrase de forma que se converte nun granulado, que é escaldado e aglomerado a presión seguindo procedementos especiais segundo as diversas clases de aglomerado: aglomerado negro, aglomerado branco, aglomerado para discos e aglomerado para tapóns.

Citas

  • O moble tiña as portas feitas de aglomerado de madeira

Palabras veciñas

aglaio aglicona aglomeración aglomerado -da aglomerar aglosia agloso -sa