"Edra" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 643.

    1. Presbítero que exerce, por delegación do bispo, certa xurisdición sobre outros presbíteros dun territorio ou arciprestado.

    2. Título dunha dignidade dos cabidos das catedrais ou colexiatas, a miúdo unida ao coidado de ánimas.

    3. Sacerdote dunha catedral que antigamente exercía as funcións do actual vicario xeral.

    4. Cardeal que preside e goberna os clérigos dunha das basílicas patriarcais de san Xoán, san Pedro e santa María a Maior de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Porción dunha curva.

      2. Lugar xeométrico dos puntos P do plano polos que as semirrectas PA PB que os unen aos extremos AB dun determinado segmento AB = l, forman todas un mesmo ángulo dado α.

      3. Arcos pertencentes a circunferencias concéntricas.

      4. Designación das funcións inversas das funcións circulares: arcoseno, arcocoseno, arcotanxente e arcocotanxente.

      1. Formación anatómica, natural ou patolóxica, do organismo en forma de arco.

      2. Arco formado por dúas rectas que se cortan no vértice.

      3. Óso da meixela que é o punto de articulación do maxilar inferior.

      4. Relevo óseo situado por riba das órbitas oculares.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de pedras ou sedimentos mariños, dispostos a rentes da auga ou moi preto da superficie, que supoñen un risco para a navegación.

    2. Formación calcaria, viva ou fósil, orixinada fundamentalmente polos corpos de organismos sedentarios como corais hermatípicos, escleractinias e algas coralinas. Son propios de mares tropicais pouco fondos.

    3. Arrecife coralino disposto de forma paralela á costa, illando un lagoon ancho e fondo entre eles e a costa.

    4. Arrecife coralino disposto de forma paralela á costa sen lagoon ou cun lagoon pequeno e estreito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás plantas non cultivadas que medran nos campos de cultivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que traballa coa pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer algunha cousa sobre a base, nunha posición estable.

    2. Anotar por escrito algunha cousa para que quede constancia dela.

    3. Incluír ou facer incluír o nome de alguén nalgún rexistro.

    4. Facer coincidir unha cousa con outra.

    5. Afiar ou suavizar o gume dun instrumento cortante.

    6. Dar firmeza a algunha cousa.

    7. Poñer en obra ladrillos ou perpiaños.

    8. Pór calquera pasta pitórica ou de cor enriba dun soporte mediante un pincel, unha espátula ou un rolo.

    9. Deixar apoiada algunha cousa con firmeza e seguridade.

    10. olverse clara unha bebida como o viño cando o pouso vai para o fondo.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poñer ou asentar pedras toda arredor da soleira da casa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medrar o ubre á vaca momentos antes de parir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composto formado por hidróxeno e osíxeno que se atopa na natureza en forma de vapor, líquido ou sólido, e que constitúe, aproximadamente, unhas tres cuartas partes en peso da codia terrestre. Tamén forma parte dos tecidos de animais e plantas.

    2. Elemento líquido que chega das nubes en forma de chuvia.

    3. Cada unha das vertentes do tellado.

    4. O mesmo líquido cando ofrece algunha propiedade curativa e, por extensión, o lugar onde se poden beber ou bañarse nelas.

      1. Auga gasosa que contén disolto dióxido de carbono e ácido carbónico libre.

      2. Auga que contén gases na disolución.

      3. Auga de fonte que ten características especiais de composición que lle confiren certas propiedades terapéuticas.

      4. Auga apta para a alimentación ou para a preparación e elaboración de alimentos.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa licenciada en dereito que ten como profesión dar o seu parecer sobre cuestións de dereito e defender intereses doutros, especialmente en causas e xuízos diante dos tribunais.

    2. Persoa que fala en defensa doutra.

    3. Título aplicado á Virxe e a determinados santos a quen a devoción popular atribúe un poder sobre determinadas necesidades ou algún tipo de protección.

    4. Defensor ou protector dos cabidos catedralicios e dos mosteiros desde a época carolinxia ata o s XII.

    5. Avogado designado por un xuíz ou por un tribunal para a defensa do litigante, a quen se lle concedeu o dereito de xustiza gratuíta, ou para a defensa do acusado ou inculpado que nun proceso penal non o designa voluntariamente.

    6. Nome popular do fiscal promotor da fe nas causas de canonización.

    7. Letrado do estado.

    VER O DETALLE DO TERMO