"ecto" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 5699.

    1. Relativo ou pertencente á análise.

      1. Que se basea na análise.

      2. Conxunto de tendencias filosóficas heteroxéneas que coinciden en rexeitar o idealismo e a metafísica para interesarse pola lóxica e pola análise como un método para o estudo da linguaxe.

      3. Xuízo en que o predicado está contido no concepto-suxeito, polo que non aumentan o coñecemento e son exclusivamente aclaratorios.

    2. Linguas do dominio indoeuropeo que foron perdendo a flexión das palabras e empregaron palabras auxiliares para expresar as relacións sintácticas.

    3. Método pedagóxico que se basea na análise global dos obxectos antes de proceder á reconstrución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recordo que, segundo a teoría da reminiscencia de Platón, ten a alma do mundo das ideas.

    2. Proceso que consiste na lembranza de ideas, persoas ou sucesos a partir dalgún estímulo.

    3. Indagación dos antecedentes propios e familiares dun paciente con vistas á diagnose.

    4. Retorno á memoria das ideas dos obxectos esquecidos.

    5. Oración da misa que normalmente vai despois da consagración, en que se fai lembranza do Señor e dos misterios da súa vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Debuxo deformado dun obxecto que, visto desde un certo punto de vista ou por reflexión nun espello curvo, aparece regular, sen ningunha deformación.

    2. Deformación teratolóxica que chega a facer practicamente irrecoñecible un vexetal.

    3. Compresión dunha imaxe por medios mecánicos, gráficos ou ópticos.

    4. Procedemento que designa a representación dun referente cunha perspectiva deformada.

    5. Segmentación incompleta que presentan as larvas dalgúns mandibulados no momento do nacemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás anaplasmatáceas.

    2. Bacteria da familia das anaplasmatáceas.

    3. Familia de bacterias, da orde das rickettsiais, parasitas dos eritrocitos, de aspecto semellante a certos virus e protozoos tamén parasitos dos eritrocitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase aos devanceiros.

    2. Persoa que viviu nun tempo anterior con respecto á persoa que constitúe a referencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de anchear.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten unha anchura considerable.

    2. Que presenta unha grande extensión.

    3. Que amosa satisfacción ou fachenda.

    4. anchura.

    5. Dimensión máis pequena das dúas que posúe unha figura plana calquera que forma ángulo recto coa máis grande ou longa.

    6. Capacidade de transmisión de datos de xeito simultáneo a través dunha conexión entre aparatos electrónicos.

    7. Distancia que existe entre as caras interiores das cabezas dos raís da vía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Extensión en relación ao espazo.

    2. Dimensión xeométrica que se opón á lonxitude.

    3. Dimensión horizontal que se opón á altura.

    4. Dimensión que se opón á lonxitude e á altura, nunha figura de tres dimensións.

    5. Dimensión que se opón á lonxitude e á altura tomando en conta a perpendicular de quen a observa.

    6. Medida dun obxecto en canto ao seu diámetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de ancorar.

    2. Lugar axeitado para ancorar as embarcacións.

    3. Imposición municipal que, desde o s XIV, tiñan que pagar os navíos por recibir a autorización para fondear nos portos e noutros lugares habilitados da costa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Andalucía ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Andalucía.

    3. Dialecto do castelán.

    4. Raza bovina integrada por animais de perfil cóncavo, do tipo ibérico; desta raza é o touro de lidia.

    5. Raza de cabalos integrada por animais de perfil lixeiramente convexo, de lombo arredondado e amplo, harmoniosos de proporcións e cadenciosos de movementos.

    VER O DETALLE DO TERMO