analítico -ca
analítico -ca
Plural:
analíticos
Masculino:
analítico
Masculino plural:
analíticos
Feminino:
analítica
Feminino plural:
analíticas
-
adx
Relativo ou pertencente á análise.
-
-
adx
Que se basea na análise.
-
filosofía analítica
Conxunto de tendencias filosóficas heteroxéneas que coinciden en rexeitar o idealismo e a metafísica para interesarse pola lóxica e pola análise como un método para o estudo da linguaxe.
-
xuízo analítico
Xuízo en que o predicado está contido no concepto-suxeito, polo que non aumentan o coñecemento e son exclusivamente aclaratorios.
-
adx
-
linguas analíticas
[LING ]
Linguas do dominio indoeuropeo que foron perdendo a flexión das palabras e empregaron palabras auxiliares para expresar as relacións sintácticas.
-
método analítico
[PEDAG ]
Método pedagóxico que se basea na análise global dos obxectos antes de proceder á reconstrución.