"AP" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 10804.

  • Aplícase ao animal que ten os cornos brancos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea perenne, da familia das cariofiláceas, de flores brancas ou rosadas, agrupadas en cimas densas, e de froitos capsulares oblongos. Emprégase contra a asma e algúns males da pel e, polo seu contido, en saponinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á cidade de Albi ou á rexión do Albixés.

      2. Aplícase á doutrina cátara ou catarismo, por ser descuberta por vez primeira no Albixés.

    1. Adepto á doutrina profesada polos albixenses.

    2. Conxunto de expedicións militares organizadas contra os adeptos ao catarismo na Occitania do s XIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tempo que transcorre desde o resplandor da alba ata a saída do sol.

    2. Forma musical esencialmente instrumental tipicamente utilizada no albor dos días de festa, anunciándoa.

    3. Paseo dun grupo facendo música polas rúas.

    4. Composición poética de orixe popular, a miúdo cantada, que expresa sentimentos, relacionada coa aparición da mañá e que foi recollida e reelaborada pola poesía culta.

    5. Toque militar realizado xeralmente coa corneta ao mencer, sempre previo ao izamento da bandeira.

    6. Acción que se realiza no momento de claridade tenue anterior ao día.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo de proteínas ricas en ácido glutámico e aspártico que se atopan en todos os seres vivos.

    2. Produto que se obtén a partir do soro do leite, unha vez separada a lactosa.

    3. Clara do ovo desecada que ten a súa principal aplicación na industria alilmentaria.

    4. Soro sanguíneo desecado, que en xeral provén de sangue de boi. Utilízase como clarificante e na industria fotográfica, téxtil e de adhesivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de albo.

    2. Capa das plantas dicotiledóneas situada inmediatamente debaixo da cortiza e arredor do durame.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe dulceacuícola, da familia dos ciprínidos, moi apreciado na pesca deportiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa grosa e branca, de tecido fibroso que cobre un órgano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea perenne do xénero Cynara da familia das fabáceas, de capítulos grosos con brácteas amplas e ovadas, carnosas na base e comestibles antes do desenvolvemento da flor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elixir con propiedades terapéuticas, creado por Paracelso, que utilizou Van Helmont para dar nome a un imaxinario disolvente universal, capaz de disolver todas as substancias.

    VER O DETALLE DO TERMO