alborada

alborada

albo

Plural: alboradas
  1. s f

    Tempo que transcorre desde o resplandor da alba ata a saída do sol.

  2. s f [MÚS ]

    Forma musical esencialmente instrumental tipicamente utilizada no albor dos días de festa, anunciándoa.

  3. s f [MÚS ]

    Paseo dun grupo facendo música polas rúas.

  4. s f [LIT ]

    Composición poética de orixe popular, a miúdo cantada, que expresa sentimentos, relacionada coa aparición da mañá e que foi recollida e reelaborada pola poesía culta.

  5. s f [BÉL ]

    Toque militar realizado xeralmente coa corneta ao mencer, sempre previo ao izamento da bandeira.

  6. lance de alborada [MAR ]

    Acción que se realiza no momento de claridade tenue anterior ao día.

Citas

  • Desfilou a alborada coa ledicia dos rapaces nas facianas
  • Espertei na alborada e fiquei marabillado polo sol
  • Tralo toque da alborada, espertaron os soldados

Palabras veciñas

albomicina albóndega albor alborada alborecer alborexar albornoz