"Az" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 3964.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo san ou á súa lingua.

      2. Individuo do pobo san.

      3. Pobo de África sudoccidental de raza khoisánida, que se viu reducido a un pequeno número de individuos acantoados nas zonas máis inhóspitas.

      4. Conxunto de linguas do grupo khoisan faladas polos sans.

      1. Relativo ou pertencente á subraza san.

      2. Individuo da subraza san.

      3. Subraza ou grupo de poboacións de raza khoisánida formada por individuos mesocéfalos de estatura baixa, que presentan o nariz máis ancho e chato, a esteatopixia menos marcada e os ollos menos oblicuos ca os khoisánidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Roscón feito con fariña, manteiga, ovos e mel ou azucre.

    2. Conxunto dos ingredientes necesarios para preparar este roscón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar do pescozo dos animais en que se crava o coitelo para sacrificalos.

    2. Parte interna da articulación do antebrazo co brazo, oposta ao cóbado.

    3. Suco ou canle por onde se desvía a auga dun río, dun sistema de rego ou por onde desauga un terreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Perder ou botar sangue.

    2. Botar secrecións unha árbore ou unha planta ao facerlle un corte.

    3. Facer que un animal bote o sangue ao sacrificalo.

    4. Sacrificar o gando.

    5. Dar saída a un líquido.

    6. Practicar a alguén unha sangría.

    7. Extraer o zume a unha planta ou a unha árbore facéndolle cortes.

    8. Deixar un espazo en branco ao comezar a primeira liña dun parágrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Operación que consiste na evacuación de certa cantidade de sangue, especialmente a través dunha flebotomía.

    2. Parte interna da articulación do antebrazo co brazo, oposto ao cóbado.

    3. Incisión que se fai nunha árbore para extraer resina.

    4. Suco ou canle por onde se desvía a auga dun río, dun sistema de rego ou por onde desauga un terreo.

    5. Bebida refrescante feita con viño tinto, gaseosa, zume de limón e azucre.

    6. Espazo en branco que se deixa ao comezo da primeira liña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chama azulada producida pola electricidade atmosférica que aparece ás veces nos extremos de obxectos en punta cando hai tormenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espazo moi breve de tempo. FRAS:

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Deus ou á relixión.

    2. Atributo da divindade, na medida en que é sumamente venerable.

    3. Que se fai conforme á relixión.

    4. Que produce un efecto bo e saudable.

    5. Aplícase a todo aquilo que se relaciona con Cristo, coa Igrexa, cos seus sacramentos e coas súas crenzas.

    6. Persoa que destacou en vida pola súa virtude, e despois de morta foi declarada pola Igrexa digna de loanza. Tm adx. OBS: A forma santo adoita empregarse diante dos nomes propios masculinos que comezan por vogal, excepto Santo Cristo de Fisterra, mentres a forma san se emprega diante de nomes propios masculinos que comezan por vogal.

    7. Imaxe que representa un santo.

    8. Persoa que é moi boa.

    9. Día en que se celebra a festa dun santo.

    10. Ilustración dunha publicación.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Réptil, da orde dos quelonios, mariño e terrestre, que presenta as extremidades curtas, un caparazón que protexe o corpo e un bico córneo sen dentes.

    2. Réptil, da familia dos emídidos, que presenta a cuncha negra con debuxos radiais de cor amarela, unha cola longa e carece de placas inguinais.

    3. Réptil, da familia dos emídidos, que presenta un plastrón ríxido, de cor vermella ou parda, o pescozo cunhas liñas lonxitudinais de cor amarela e a cola estreita e longa.

    4. Réptil mariño, da familia dos quelónidos, coa cuncha en forma de corazón e de coloración moi variable, que é considerado a tartaruga mariña de maior tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é capaz de corromper a materia orgánica. Tm s m.

    VER O DETALLE DO TERMO