sangría

sangría

sangrar

Plural: sangrías
  1. s f [MED ]

    Operación que consiste na evacuación de certa cantidade de sangue, especialmente a través dunha flebotomía.

  2. s f

    Parte interna da articulación do antebrazo co brazo, oposto ao cóbado.

  3. s f

    Incisión que se fai nunha árbore para extraer resina.

  4. s f

    Suco ou canle por onde se desvía a auga dun río, dun sistema de rego ou por onde desauga un terreo.

  5. s f

    Bebida refrescante feita con viño tinto, gaseosa, zume de limón e azucre.

  6. s f [GRÁF ]

    Espazo en branco que se deixa ao comezo da primeira liña.