santo -ta

santo -ta

lat sanctu

Plural: santos Masculino: santo Masculino plural: santos Feminino: santa Feminino plural: santas
  1. adx

    Relativo ou pertencente a Deus ou á relixión.

  2. adx

    Atributo da divindade, na medida en que é sumamente venerable.

  3. adx

    Que se fai conforme á relixión.

  4. adx

    Que produce un efecto bo e saudable.

  5. adx p ext

    Aplícase a todo aquilo que se relaciona con Cristo, coa Igrexa, cos seus sacramentos e coas súas crenzas.

  6. s [RELIX ]

    Persoa que destacou en vida pola súa virtude, e despois de morta foi declarada pola Igrexa digna de loanza. Tm adx. OBS: A forma santo adoita empregarse diante dos nomes propios masculinos que comezan por vogal, excepto Santo Cristo de Fisterra, mentres a forma san se emprega diante de nomes propios masculinos que comezan por vogal.

  7. s

    Imaxe que representa un santo.

  8. s

    Persoa que é moi boa.

  9. s m

    Día en que se celebra a festa dun santo.

  10. s m

    Ilustración dunha publicación.

    1. s

      Sala do templo de Xerusalén que se atopaba diante do sancta sanctorum onde estaba o altar de ouro do incenso, a mesa dos pans e o candelabro dos sete brazos.

    2. santo dos santos

      sancta sanctorum.

  11. s m pl

    novembro.

Citas

  • Pasou toda a santa noite chorando

Frases feitas

  • 2 Ser mala persoa.

  • Baixar os santos do ceo. Blasfemar.

  • Facerlle perder a paciencia a un santo/Acabar coa paciencia a un santo. Desesperar a un.

  • Ser un santo 1 Ser boa persoa.

Refráns

  • Despois do san Martiño deixa a auga e bebe o viña.
  • Do bo viño novo bota un traguiño polo san Martiño.
  • O san Matías anda co Entroido ás porfías.
  • Pola santa bícase a peaña.
  • San Andrés de Teixido do morto fai o vivo.
  • San Antón vello e tristeiro convida as rapazas ao rezadeiro.
  • Santo, santo, pero non tanto.
  • Tódolos santos teñen novena e hainos que teñen festa.
  • Uns nacen para santos e outros para pes de bancos.
  • ¡Aí vén san Cristovo co seu covo!
  • ¡Meu san Antonio casamenteiro, rógoche un mozo garrido e solteiro!