sapoconcho

sapoconcho

sapo + concha

Plural: sapoconchos
  1. s m [ANIMAL ]

    Réptil, da orde dos quelonios, mariño e terrestre, que presenta as extremidades curtas, un caparazón que protexe o corpo e un bico córneo sen dentes.

  2. sapoconcho común [ANIMAL ]

    Réptil, da familia dos emídidos, que presenta a cuncha negra con debuxos radiais de cor amarela, unha cola longa e carece de placas inguinais.

  3. sapoconcho riscado [ANIMAL ]

    Réptil, da familia dos emídidos, que presenta un plastrón ríxido, de cor vermella ou parda, o pescozo cunhas liñas lonxitudinais de cor amarela e a cola estreita e longa.

  4. sapoconcho verde [ANIMAL ]

    Réptil mariño, da familia dos quelónidos, coa cuncha en forma de corazón e de coloración moi variable, que é considerado a tartaruga mariña de maior tamaño.