"mita" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 552.

  • Que non pode ser imitado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casa romana plurifamiliar de aluguer, formada por varios pisos e destianda ás clases populares, que constaba de tabernae na planta baixa e estaba delimitada por cardines e decumani que constituían un rueiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que comprende todas as partes e todos os elementos.

      2. Aplícase ao método das escolas modernas de filoloxía e de lingüística estrutural que pretende estudar un fenómeno lingüístico dentro do conxunto total do sistema en que este fenómeno se produce.

      1. Relativo ou pertencente á integración.

      2. Resultado da integración dunha función.

      3. Nome do símbolo c utilizado para indicar unha integración.

      4. Forma lineal μ sobre certos espazos vectoriais de funcións, no sentido máis xeral, que asigna a cada función f do espazo un escalar μ(f) nomeado integral de f.

      5. Parte da análise matemática que trata as cuestións relacionadas coa integración dunha función.

      6. Dada unha curva C parametrizada por r(t) no espazo, e unha función vectorial f definida e limitada sobre a curva C, o valor dado pola integral

        cando esta existe. OBS: Tamén se denomina Integral de f ao longo de C.

      7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo de intendente.

    2. Oficina do intendente.

    3. Circunscrición administrativa que depende do intendente, tamén denominada provincia. Foi introducida na Coroa española por Filipe V a imitación das intendencias francesas.

      1. Corpo e servizo dos exércitos encargado de proporcionar alimentos, roupas e materiais ás tropas, ademais de administrar os cartos e realizar os pagos.

      2. Abastecemento e administración dun grupo de persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Superficie limitada compartida por dous sistemas.

      2. Dispositivo deseñado para facilitar a conexión entre equipos de diferentes funcións ou características.

      3. Calquera medio interposto entre dous elementos ou sistemas, que a interface pon en relación.

    1. Superficie interna de contacto entre cada unha das fases dun sistema líquido heteroxéneo, ou entre as fases sólida, líquida e gasosa dun sistema.

    2. Superficie de contacto entre dous materiais diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Tomar parte en algo que se fai entre varios.

      2. Tomar parte nun asunto alleo para tentar arranxalo ou modificalo.

      3. Ser unha cousa unha das circunstancias que inflúen noutra.

    1. Comparecer unha terceira persoa nun proceso pendente.

    2. v t Controlar unha autoridade unha comunicación privada ou o medio co que se realiza.

    3. Fiscalizar ou limitar á autoridade competente o funcionamento de algo.

    4. Impedir a alguén, a autoridade competente, a libre disposición dos seus bens.

    5. Practicar unha intervención cirúrxica.Tm abs.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Doutrina filosófica que afirma que a intuición é a forma primordial do coñecemento.

      2. Corrente epistemolóxica, propia da escola escocesa, que afirma que a existencia do real material é directamente coñecida, non simplemente inferida.

    1. Corrente do pensamento matemático que defende que a matemática é o estudo duns tipos de construcións mentais en que os obxectos que se manexan han de ser definidos cun criterio que permita a súa construción e que a linguaxe empregada, ordinaria ou simbólica, só é un instrumento auxiliar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que segue os preceptos do islamismo. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento sectario do xiísmo que admite a Ismā’īl como o sétimo e derradeiro imán e que se separou dos imamitas por mor da sucesión de Ğa’far al-Sādiq.

    VER O DETALLE DO TERMO