interface

interface

ingl interface ‘superficie en contacto’

Plural: interfaces
  1. s
    1. Superficie limitada compartida por dous sistemas.

    2. Dispositivo deseñado para facilitar a conexión entre equipos de diferentes funcións ou características.

    3. Calquera medio interposto entre dous elementos ou sistemas, que a interface pon en relación.

  2. s f [QUÍM/FÍS ]

    Superficie interna de contacto entre cada unha das fases dun sistema líquido heteroxéneo, ou entre as fases sólida, líquida e gasosa dun sistema.

  3. s f [FÍS ]

    Superficie de contacto entre dous materiais diferentes.