integral

integral

lat tardío integrāle

Plural: integrais
  1. adx
    1. Que comprende todas as partes e todos os elementos.

    2. [LING ]

      Aplícase ao método das escolas modernas de filoloxía e de lingüística estrutural que pretende estudar un fenómeno lingüístico dentro do conxunto total do sistema en que este fenómeno se produce.

    1. adx

      Relativo ou pertencente á integración.

    2. s

      Resultado da integración dunha función.

    3. s

      Nome do símbolo c utilizado para indicar unha integración.

    4. s

      Forma lineal μ sobre certos espazos vectoriais de funcións, no sentido máis xeral, que asigna a cada función f do espazo un escalar μ(f) nomeado integral de f.

    5. cálculo integral

      Parte da análise matemática que trata as cuestións relacionadas coa integración dunha función.

    6. integral curvilínea/de liña

      Dada unha curva C parametrizada por r(t) no espazo, e unha función vectorial f definida e limitada sobre a curva C, o valor dado pola integral

      cando esta existe. OBS: Tamén se denomina Integral de f ao longo de C.

    7. integral definida

      Integral, especialmente cando convén distinguila da integral indefinida.

    8. integral de superficie

      Dada unha superficie S no espazo, parametrizada pola asignación (u,v) e unha función real f definida e limitada sobre S, valor dado pola integral

      cando esta integral dobre existe. OBS: Tamén se denomina integral de f sobre S.

    9. integral de volume/tripla

      Integral múltiple no caso particular n = 3.

    10. integral dobre

      Integral múltiple no caso particular n = 2, que se representa mediante ∫∫Df(x,y)dxdy.

    11. integral múltiple

      Dado un dominio D de O n , e unha partición en dominios elementais Di de áreas ai e diámetros di , e dada unha función real definida sobre D, f:D0O→O, límite I cando os di tenden a 0, das sumas de Riemann

    12. integral primeira

      Ecuación diferencial ordinaria de primeira orde, que, nunha ecuación diferencial ordinaria de segunda orde, resulta de facer unha integración na ecuación orixinal.

    13. integral simple

      Integral, especialmente cando convén distinguila da integral múltiple.

    14. integral indefinida

      Dada unha función f:[a,b]KK→K, función F definida en [a,b] pola integral F(x)=∫axf(t)dt. Esta función é unha función primitiva da función f, tal que a súa derivada é igual a f, F´(x)=f(x).

  2. adx

    Aplícase aos alimentos que conservan todos os seus compoñentes.

Citas

  • Compra pan integral, Comeu arroz integral con luras
  • Fixéronlle unha revisión integral ao coche