intuicionismo

intuicionismo

intuición

Plural: intuicionismos
  1. s m
    1. Doutrina filosófica que afirma que a intuición é a forma primordial do coñecemento.

    2. Corrente epistemolóxica, propia da escola escocesa, que afirma que a existencia do real material é directamente coñecida, non simplemente inferida.

  2. s m [MAT ]

    Corrente do pensamento matemático que defende que a matemática é o estudo duns tipos de construcións mentais en que os obxectos que se manexan han de ser definidos cun criterio que permita a súa construción e que a linguaxe empregada, ordinaria ou simbólica, só é un instrumento auxiliar.