"AP" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 10804.

  • Rama da agronomía que ten por obxecto a medida da capacidade produtiva das terras de cultivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de agrupar ou agruparse.

    2. Unidade asociativa dentro da organización escolar, en que os rapaces e rapazas de todas as idades atopan a continuidade e a coordinación que esixe o proceso educativo.

    3. División do intervalo que comprende todas as observacións dunha serie estatística en pequenos intervalos iguais, denominados clases.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cambiar unha persoa para ser máis bela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de agudo.

    2. Capacidade que ten unha persoa para percibir as cousas e para amosar enxeño.

    3. Dito agudo.

    4. Calidade acústica dos sons que dependen da frecuencia dos seus elementos constituíntes.

    5. Poder de percepción e de discriminación dos sentidos.

    6. Poder de visión clara dos detalles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que acaba en punta.

    2. Aplícase á folla cando os seus bordos forman un ángulo agudo no ápice.

      1. Aplícase ao fonema en que o seu segundo formante se manifesta cunha frecuencia elevada, superior, normalmente, aos 1.400 ciclos por segundo.

      2. Aplícase ao fonema consonántico articulatoriamente constituído por dúas cavidades de resonancia bucal (/t/-/d/).

    3. Son alto, dun número de vibracións por segundo maior ca os dos graves ou baixos.

    4. Enfermidade que ten un curso relativamente rápido.

    5. Palabra en que a sílaba tónica é a última.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ave de rapina que pertence principalmente aos xéneros Hieraetus Aquila, Haliaetus, Pithecophaga, Circaetus e Pandion. É de grandes dimensións, cun bico forte e curvado, a cabeza prominente e cuberta de plumas, coas patas curtas con plumas ata o comezo dos dedos, e as garras moi fortes. As ás son longas e voan a grande altura.

      2. Aguia da familia dos accipítridos, de plumaxe castaña e co píleo, a caluga e os ombreiros dun branco amarelado.

      3. Aguia da familia dos pandiónidos, de plumaxe contrastada entre a parte superior escura e a inferior branca. Na cabeza presenta unha pequena curupela e un anteface negro.

      4. Aguia da familia dos accipítridos, coa parte inferior da plumaxe escura nas ás e branca no peito.

      5. Aguia da familia dos accipítridos, de plumaxe escura con dourados na cabeza e na caluga.

    1. Denominación alquimista de diversas substancias, especialmente das sublimadas como o cloruro mercurioso ou o cloruro amónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ovopositor transformado nunha puga con capacidade para inocular veleno que presentan as femias de certos himenópteros.

    2. acúleo.

    3. Punta de ferro que se coloca nun dos cabos dunha aguillada para aplicar aos animais.

    4. Rocha ou con agudo que sobresae no mar.

    5. Aquilo que aguilloa a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barriña de metal ou doutra materia dura, acabada en punta.

      1. Barra pequena, fina e longa, normalmente de metal, rematada en punta nun extremo e cun burato no outro polo que se fai pasar o fío, usada para coser e bordar.

      2. Peza metálica alongada acabada en gancho e provista de medios para cerrar o que serve para formar a malla nas máquinas de fabricación de xéneros de punto.

      1. Peixe da familia dos belónidos, de corpo alongado e moderadamente comprimido, de cor prateada e verdosa no lombo, coas mandíbulas prolongadas nun bico agudo e dentado, as aletas dorsal e anal moi posteriores e a caudal en forma de furca pronunciada.

      2. Nome que reciben algunhas especies de peixes da familia dos singnátidos, de aspecto semellante ao cabaliño de mar pero co corpo estirado.

    2. Picor ou sabor acedo que teñen algúns viños, especialmente os novos

    3. Acabamento rematado en punta, cuberta cónica ou piramidal de gran pendente, nunha construción.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Burato do zapato por onde se introducen os cordóns ou agulletas.

    VER O DETALLE DO TERMO