"Conti" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 779.

  • Perda da cutícula ou da epiderme dun animal, que lle permite continuar co seu crecemento ou coa renovación da pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exclamación ou elevación repentina da voz que, a modo de inciso, interrompe un determinado discurso para expresar en ton emotivo os sentimentos do falante, de xeito que chame a atención do oínte ou lector sobre o contido da mensaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desaparición dunha consoante, especialmente a central dun grupo de tres.

    2. Figura retórica de dicción que consiste na fusión das consoantes final e inicial, cando son idénticas, de dúas palabras contiguas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ecuación que determina a variación da constante de equilibrio químico K en función da temperatura. Vén expresada por (∂[lnK]/∂T)p =∆H0/RT2, ∆H0 sendo a variación de entalpía na reacción en condicións normais, R a constante dos gases e T a temperatura absoluta.

    2. Expresión formal da segunda lei de Newton, que presenta a forma F = ma.

    3. Ecuación que, para un sistema que evoluciona a presión e temperatura constantes, toma a forma



      A sendo o traballo efectuado polo sistema descontado o traballo de expansión, H1 e H2 as entalpías inicial e final, respectivamente, p a presión e T a temperatura absoluta do sistema.

    4. Ecuación para a evolución do Universo que pode derivarse da teoría de gravidade de Einstein e do suposto de que o Universo é homoxéneo (vese igual en cada punto) e isotrópico (vese igual en toda dirección).

    5. FÍS Ecuación mestra da termodinámica do non-equilibrio que describe procesos multidimensionais e continuos que son aleatorios e markovianos mediante un conxunto de variables macroscópicas q.

    6. Ecuación fundamental que relaciona a masa m dun corpo coa enerxía E equivalente a esta masa, segundo a ecuación E=mc2 , onde c é a velocidade da luz no baleiro.

    7. Ecuación diferencial non lineal de primeira orde, da forma y’+f(x)y=g(x)yn , onde n > 1 e f(x) e g(x) son funcións continuas. Redúcese a lineal polo cambio de variable u= y1-n.

    8. Unha das complexas ecuacións empregadas para describir os contornos dos campos gravitatorios e doutras forzas na dimensión espazo-tempo.

      1. Corrección ou cantidade que cómpre ter en conta ao relacionar a posición dun astro coa que tería, se posuíse un movemento uniforme.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Impresión ou publicación dunha obra ou escrito.

    2. Reprodución dunha obra, por medios manuais ou mediante a imprenta, para a súa difusión.

    3. Conxunto de exemplares dun escrito, impresos nunha mesma tiraxe.

    4. Edición dun texto en que se suprimiron ou resumiron fragmentos considerados non esenciais para a comprensión do mesmo.

    5. Edición dunha obra acrecentada con novas materias con respecto á edición anterior.

    6. Edición que inclúe comentarios destinados a esclarecer ou complementar o texto orixinal do autor.

    7. Edición que conta coa autorización expresa do autor ou da persoa que posúe os dereitos editoriais, para diferenciala das edicións clandestinas ou non autorizadas.

    8. Edición que comprende todas as obras dun autor.

    9. Edición que pretende reconstruír a versión dun texto (literario ou documental) máis próxima ao orixinal do autor (autógrafo ou arquetipo), a partir da análise dos testemuños, manuscritos e impresos que o difundiron.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de eficiente.

    2. Cociente entre a varianza dun estimador non nesgado e a mínima varianza posible.

    3. Cociente entre o traballo efectuado por unha máquina e o traballo necesario para facela funcionar.

    4. Fracción da calor absorbida por unha máquina térmica que se converte en traballo. OBS: Tamén se denomina rendemento.

    5. Relación, expresada en tanto por cento, entre a produción neta dun nivel trófico e a do nivel precedente.

    6. Relación entre a enerxía contida na materia vexetal e a enerxía solar que a produce por fotosíntese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partes nas que se divide un terreo para traballalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica analítica de separación baseada na electroforese que se efectúa nun medio estabilizador. É unha técnica moi empregada en análise clínica e en bioquímica. A aplicación máis importante é a separación de proteínas e outras moléculas contidas nos diversos fluídos corporais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato de medida de correntes e tensións eléctricas e, especialmente, para potencias, tanto en corrente continua como alterna, que se basea na interacción de dous campos magnéticos producidos por dúas bobinas, unha fixa e outra móbil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de fenómenos que teñen lugar no seo dunha solución electrolítica ou dun electrólito fundido ao pasar por el unha corrente eléctrica de forma continuada, de xeito que os seus ións ceden ou captan electróns nos electrodos.

    VER O DETALLE DO TERMO