eficiencia
eficiencia
lat efficientĭa
-
s
f
Calidade de eficiente.
-
s
f
[MAT ]
Cociente entre a varianza dun estimador non nesgado e a mínima varianza posible.
-
s
f
[FÍS ]
Cociente entre o traballo efectuado por unha máquina e o traballo necesario para facela funcionar.
-
s
f
[FÍS ]
Fracción da calor absorbida por unha máquina térmica que se converte en traballo. OBS: Tamén se denomina rendemento.
-
eficiencia ecolóxica
[ECOL ]
Relación, expresada en tanto por cento, entre a produción neta dun nivel trófico e a do nivel precedente.
-
eficiencia fotosintética
[ECOL ]
Relación entre a enerxía contida na materia vexetal e a enerxía solar que a produce por fotosíntese.