"Cide" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 449.

  • Aplicación f entre dous conxuntos A e B dotados de estrutura alxébrica, que conserva as operacións no sentido que operar dous elementos do conxunto A e buscar a imaxe do resultado coincide co feito de operar as respectivas imaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fin da vida.

    2. Fin de algo ou dunha actividade.

    3. Delito que consiste en matar a unha persoa sen que concorran circunstancias que dean lugar a outro delito especial.

      1. Símbolo da morte representado, xeralmente, por un esqueleto humano cunha gadaña ou por unha caveira centrada sobre unha aspa de dous ósos iguais.

      2. Representación plástica da morte.

    4. Privación dos dereitos civís e políticos que impón a lei a unha persoa.

    5. Privación da benaventuranza, da vida eterna.

    6. Situación fundamental de triunfo absoluto do nihilismo inherente á tradición do pensamento occidental, desde a que Nietzsche desenvolve a reflexión desta filosofía.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Decoración dunha superficie, feita incrustando anacos de pedra, de mármore ou doutros materiais de diferentes cores.

      2. Conxunto de cousas dispostas de xeito que ofrecen o aspecto dun mosaico.

    1. Serie de fotografías aéreas que se unen cando se pretende reunir nun só plano unha gran superficie de terreo para fotografala.

      1. Baldosa para pavimentar interiores, moi fácil de abrillantar e xeralmente de forma cadrada, hexagonal ou oitavada.

      2. Pavimento feito con baldosas de mosaico.

    2. Nome común de diferentes enfermidades das plantas (tabaco, pataca e tomateira), que teñen como axente os virus.

      1. Organismo ou tecido derivado dun só cigoto que, por feitos ocorridos despois da fecundación, mostra polo menos dúas liñas celulares con cariotipos distintos.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo mossi ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo mossi.

    3. Pobo de África Occidental que ocupa a conca do alto Volta.

    4. Lingua níxer-congo falada polos mossis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carreira motociclista de velocidade disputada en terreo accidentado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Musteriano.

    2. Tecnocomplexo do Paleolítico Medio que tomou o seu nome do xacemento Le Moustier (Francia). Desenvolveuse desde o ano 100.000 ao 40.000 a C en Europa e en Asia Occidental. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos nabateos ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo nabateo.

    3. Pobo semita, situado na rexión NO da península arábiga, que constituíu importantes centros mercantís cos que dominou as rutas comerciais que ían desde Arabia ata o mar Vermello a finais do s IV a C.

    4. Lingua semítica que se considera dialecto do arameo occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de nacionalizar ou de nacionalizarse.

    2. Adopción da condición legal de membro ou cidadán dun estado concreto.

      1. Apropiación dos medios de produción ou do capital estranxeiro por parte do estado onde radican estes bens ou por parte dos membros deste mesmo estado.

      2. Conversión dun medio de produción en propiedade da comunidade social nos seus diversos graos (municipal, rexional ou estatal).

      3. Proceso de estatalización, mediante expropiación e coa indemnización correspondente, que adoita afectar nos estados occidentais só a ramas illadas da produción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Namuriano.

    2. Serie, estrato ou tamén época ou idade do Carbonífero (Paleozoico) de Europa occidental, comprendida entre o Viseano, na base, e o Westfaliano, no teito. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á natureza.

    2. Que é acorde coas leis da natureza.

    3. Que é propio da natureza do que se fala, non adquirido nin aprendido.

    4. Que lle é propio.

    5. Que se mostra tal e como é.

    6. Que naceu nun lugar determinado.

    7. Aplícase ao son que non é alterado por ningún accidente.

      1. Aplícase ao número enteiro e positivo.

      2. Aplícase ao logaritmo de base e.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO